(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Muller

    • Inicio
    • Muller
    • O alumnado dos centros educativos participa en obradoiros contra a violencia de xénero

    O alumnado dos centros educativos participa en obradoiros contra a violencia de xénero

    • Publicado por prensa
    • Categorías Muller
    • Date 9 Novembro, 2017

    A Concellería de Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello da Guarda, promoven dende o mes de outubro e ata o próximo mes de decembro o «Proxecto Empatía», cunha serie de obradoiros destinados ao público infantil e xuvenil dentro da campaña do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero.

    A actuación inclúe obradoiros de habilidades e relacións sociais destinados á aprendizaxe de relacións respectuosas entre o alumnado. Así, por exemplo, as cativas e cativos poderán aprender a amosar os seus sentimentos, a resolver conflitos de forma pacífica e a valorar a igualdade entre mulleres e homes como eixo central do desenvolvemento humano.

    Con esta actuación, que conta co financiamento da Deputación de Pontevedra, búscase informar, sensibilizar e concienciar sobre a magnitude do problema que supón a violencia de xénero, especialmente entre a mocidade, identificando a forma específica que adopta esta violencia nas súas relacións interpersoais e promover posturas de rexeitamento e denuncia activa ante ela, incidindo especialmente no uso axeitado que debe facerse das ovas tecnoloxías.

    O «Proxecto Empatía» completarase o día 20 de novembro cunha nova edición do obradoiro «Violencia de xénero e o novo contexto dixital», xa celebrado durante o pasado curso académico. Nesta ocasión, a participación no taller ampliarase ao alumnado de 5º e 6º de primaria e aos ciclos formativos de Formación Profesional, xunto co alumnado de educacións secundario de todos os centros da Guarda.

    O obradoiro centrarase no coñecemento e prevención das novas formas de violencia que xorden no contexto dixital, tales como a ciberviolencia de xénero, o grooming (acoso sexual a menores de idade por parte de adultos na rede) ou o sexting (envío de contido de carácter sexual a través das novas tecnoloxías).

    A actividade conta co financiamento da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e enmárcase dentro das actuación da Rede de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero, cuxo obxectivo principal é a busca do rexeitamento social e institucional da lacra que supón a violencia contra as mulleres. Focalízase na sensibilización á poboación máis nova e busca a súa implicación e compromiso contra ela, fomentando ao tempo modelos alternativos de convivencia baseados no respecto e a igualdade.

    Nesta liña, dende o CIM do Concello da Guarda tense o convencemento de que a prevención dende o ámbito da educación é clave para atallar as violencias machistas, motivo polo que as actividades se dirixen neste senso.

    Tag:CIM, Proxecto Empatía, Violencia de Xénero

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    O «Diálogos en Educación» deste venres cancélase por cuestións alleas á organización
    9 Novembro, 2017

    Seguinte nova

    A Biblioteca Municipal amplía o prazo de participación na iniciativa «Biblioteca Solidaria»
    9 Novembro, 2017

    Tamén te poden gustar

    • SUPENDIDO: O espectáculo “4.0” invita á reflexión sobre a maternidade na Guarda
      5 Marzo, 2026
    • A Guarda conmemora o 8M coa obra ‘Á luz do día, nalgún lugar do mundo, a algunha muller’
      2 Marzo, 2026
    • O Concello da Guarda prepara unha programación especial para o 8M
      25 Febreiro, 2026

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica
    • Canal de denuncias

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web