Amorodo e Cenorio acompañaron aos escolares da Guarda
AMORODO E CENORIO ACOMPAÑARON AOS ESCOLARES DA GUARDA OS DÍAS 31 DE MAIO E 1 DE XUÑO. CONCELLO DA GUARDA
Os días 31 de maio e 1 de xuño o mercado da Guarda recibiu unha visita moi especial, xa que os ciclos de infantil dos colexios das Solanas, Sinde e Sangriña, pasearon, mercaron e aprenderon máis cousas sobre os ricos produtos que a praza ofrece.
A actividade estivo guiada por Amorodo e Cenorio, que xunto a colaboración dos praceiros e praceiras, levaron aos rapaces e rapazas polos diferentes postos da praza para mercar diversos produtos e elaborar unha cesta da compra completa e sana.
Posteriormente realizaron diferentes xogos nos que aprenderon, dunha forma lúdica e dinámica a roda e grupos de alimentos.