Amplíase o prazo de inscrición para participar no Laboratorio de Ideas
O Concello da Guarda amplía o prazo de inscrición para todos aqueles interesados e interesadas en fomentar parte do “Laboratorio de Ideas”.
Esta actividade está enfocada para todas esas persoas que teñen unha idea ou un proxecto e queren estudar a súa viabilidade. Ademais, neste programa poderán crear un espazo de traballo común e compartir experiencias entre os demais participantes para chegar a facer realidade esa idea.
Esta iniciativa é unha moi boa oportunidade para aqueles que teñen inquedanzas e que buscan o seu camiño laboral.
Para facer efectivas as inscricións os interesados deben dirixirse á OMIX do Concello da Guarda, chamar o teléfono 986 61 00 00 ou contactar a través da dirección de mail informacion@aguarda.es.