AMPLÍASE O PRAZO PARA SOLICITAR A PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO PARA FILLAS E FILLOS MENORES DE 3 ANOS
O Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda informa que a partir do día 8 de setembro AMPLÍASE o prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único para fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2015.
Poderanse beneficiar desta axuda as persoas con fillos/as menores de tres anos, nacidos entre o 02 de xaneiro de 2012 e 1 de xaneiro de 2015 (inclusive) e que non tivesen obriga de presentar a declaración do IRPF do ano 2013, nin se tivese presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados.
O prazo para a presentación das solicitudes rematará o día 8 de outubro 2015.
Para máis información e tramitación da axuda dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda.
O horario de atención é de 9:00 a 13:00h, os luns, mércores e xoves.