ANTE A PREVISIÓN DE CHUVIA A CHARLA DE “DIÁLOGOS EN EDUCACIÓN” TRASLÁDASE Ó CENTRO CULTURAL
Este xoves, ante as predicións de chuvia, a tertulia “Os Concellos e a Educación. Problema ou oportunidade”, enmarcada dentro do ciclo de charlas “Diálogos en Educación”, organizado polo Concello da Guarda, trasládase ó Centro Cultural.
Como ven sendo habitual o horario é as 20 horas.
O encargado de conducir este novo coloquio será Miguel Anxo Santos, Doutor en Filosofía e Ciencias da Educación, Catedrático de Teoría e Historia da Educación na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela e, entre outros méritos, Profesor Visitante na Florida International University, en Miami.
Esta actividade, que ten carácter divulgativo, está concibida como unha tertulia-coloquio informal. Aberta a todo o público, malia que o tema a debater sexa de carácter educativo.