O ALCALDE DA GUARDA, ANTONIO LOMBA, E O CONCELLEIRO DE DEPORTE, JAVIER CRESPO, REUNÍRONSE CO SECRETARIO XERAL PARA O DEPORTE JOSÉ RAMÓN LETE LASA
O pasado venres, o alcalde da Guarda, Antonio Lomba e o Concelleiro de Deporte, Javier Crespo, reuníronse co Secretario Xeral para o Deporte da Xunta, José Ramón Lete Lasa.
En dito encontro, acordouse que nos próximos días o Concello da Guarda entregaría á Xunta, un proxecto no que se especificarían todas as actuacións necesarias para dotar o pavillón das Solanas das mellores instalacións para a practica de varios deportes.
Neste proxecto estarán detalladas as actuacións relacionadas con dotar o pavillón con vestiarios e equipamento para desenrolar actividades de hockey e baloncesto. Ademais tamén teñen previsto adaptar as gradas.
Estas peticións que se entregarán na Xunta nos próximos días, trasládanse despois de que o goberno local da Guarda se fixese eco das demandas dos clubes e dos veciños e veciñas da localidade que queren, e precisan, un bo espazo para practicar este tipo de deportes.