ESTE VENRES PRESÉNTASE O LIBRO “MÁS ALLÁ DE LAS METAS. LA AZAROSA VIDA DE UN ESTUDIANTE” DE GENEROSO ÁLVAREZ SEOANE
Ás 21 horas no Centro Cultural da Guarda.
Este venres, 28 de agosto ás 21 horas, preséntase no Centro Cultural da Guarda o libro “Más allá de las metas. La azarosa vida de un estudiante”, do escritor guardés Generoso Álvarez Seoane.
Neste libro de recordos o seu autor céntrase nun só tema: as sucesivas etapas dos seus estudos realizados con vontade e ilusión indestrutibles ó longo dos anos. Así conta un itinerario que, pasados os anos infantís vaise a converter nunha carreira de obstáculos. Generoso Álvarez fala nesta publicación dende que ós tres anos comenza a asistir o Colexio das H.H. Carmelitas ata a súa culminación coa defensa da súa tese doutoral.
No prólogo do libro, a Catedrática de Literatura Española da Universidade Complutense de Madrid, María José Alonso Seoane, fala sobre o autor, Doctor en Ciencias Químicas e Licenciado en Farmacia. De Generoso alaba tanto o seu extenso currículo cheo de honores no seu campo profesional como a súa labor coma escritor.
Este evento, organizado pola Agrupación Cultural Guardesa, coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello da Guarda, contará coa presenza de Ricardo Rodríguez e coa actuación da pianista guardesa, María Alonso Vázquez.