Antología del mar en la literatura
A presentación deste libro na Atalaia da Guarda pechará as actividades en torno ó libro do mes de abril.
O vindeiro venres 29 de abril presentarase o libro “Antología del mar en la literatura”. Unha obra que recolle todo o compendio de termos mariñeiros que se poden atopar nas principais obras literarias que teñen o mar como escenario. Este diccionario, recopilado por Emilio Barrenetxea xurde coa intención de facilitar ó lector non avezado no mundo marítimo a comprensión dos términos mariñeiros tan específicos. Términos como afoscar, collada, derrelicto, embicazo, fugada, galeno, hamacarse, e un largo etcétera, que foron recopilados trala lectura dos grandes clásicos da literatura sobre o mar como “Sinbad o marino”, Moby Dick, “O espello do mar”, de Joseoph Conrad, o “El negro del Narcissus”, entre otros tantos.
Un amplo traballo que é completado con debuxos ilustrativos e coas obras pictóricas do pintor Juan Garcés. E que sen dúbida terá unha calurosa acollida nunha vila tan apegada ó mar como a nosa.
A presentación terá lugar a cargo do propio escritor na Atalaia da Guarda ás 20:00h.