En marzo abre o prazo para pedir a cita para a renovación do DNI nos meses de abril, maio e xuño na Guarda
As citas poden pedirse tanto de forma presencia no Concello coma chamando ao número de teléfono 986 61 00 00
O Concello da Guarda informa que o martes, un de marzo, abre o prazo para que os veciños e veciñas da vila collan cita para a renovación do DNI nos meses de abril maio e xuño.
As citas poden pedirse tanto de forma presencial no Concello coma chamando ao número de teléfono 986 61 00 00.
Os días fixados para a renovación no mes de abril son o luns 18 e martes 19, sendo o xoves día 21 a data para recollelo. En maio serán o mércores 18 e o xoves 19, sendo o 23 o día para recoller o documento. Pola súa banda en xuño as citas son o mércores 15 e o xoves 16, a data para recollelo é o luns 20.
En cada mes se darán un total de 140 citas, 70 por cada día.