Anuncio da resolución provisional das axudas individuais a deportistas guardeses
Visto o Decreto 1245/2020, polo que se aproban as bases da convocatoria de Axudas individuais para os deportistas guardeses que foron publicadas no BOP do 16 de novembro de 2020.
Visto que, transcorrido o prazo de presentación de solicitudes, segundo o establecido no punto 4º das citadas bases, preséntanse as seguintes solicitudes:
1.Oscar Alonso Alonso
2.Damián Alonso Alonso
3.Sergio Rodríguez Teixeira
4.Elsa Pena Vicente
5.Jorge Rodríguez Vicente
6.Eduardo García Fernández
Visto que con datas 23 de decembro de 2020 reúnese a Comisión de Avaliación para o estudo e avaliación de ditas solicitudes.
De acordo co informe da Comisión de Avaliación e en virtude do estipulado no apartado 5º E das bases que rexen a convocatoria, este órgano instructor formula a seguinte proposta de resolución provisional:
1º- Conceder as subvencións que se indican no seguinte cadro coas especificacións que se sinalan:
2º.-Excluír como beneficiario das axudas a Eduardo García Fernández xa que o curriculum deportivo presentado polo solicitante non recolle ningún mérito deportivo que se adapte ao anexo I das bases que rexen esta convocatoria.
3º.- Publicar, en cumprimento dos apartados D) e E) da base 5ª, esta proposta de resolución na páxina web e no taboleiro de anuncios para que as persoas interesadas poidan presentar alegacións no prazo de 10 días hábiles a contar dende o día seguinte o de dita publicación.
A Guarda 28 de decembro de 2020