As Festas da Guía volven este ano coa carreira máis solidaria
As Festas da Guía arrancan este mércores coa salva de bombas e a novena, como comezo dos actos relixiosos. Mais este fin de semana teremos a tradicional carreira pedestre.
A carreira é de carácter solidario coa Asociación “Un sorriso que ilumine o mundo” para a Asociación Cáncer de Páncreas (ACANPAN). Non é preciso correr para participar de xieto solidario, xa que poderás ter un dorsal de xeito solidario.
Este domingo 1 de setembro a partir das 18:00 horas comezarán as carreiras que se dividen en categorías por idades e entre feminina e masculina. Aínda que as inscricións xa se poden realizar no correo asociacionfestasdaguia@gmail.com, o mesmo día poderase realizar na praza da Guía ara as 17:30 horas.
Para a semana seguinte haberá verbena o venres e o sábado, así como pasarrúas o sábado e o domingo. Ademais, o sábado 7 pola tarde, celebrarse unha festa infantil con actividades e inchables para os máis pequenos.
Para rematar, o domingo 8, celebrarase a tradicional misa ás 12 da mañá e as poxas ás 5 da tardes, tras as cales terá lugar unha gran tirada de fogos de artificio.