As Festas das Mercedes non dan tregua durante o mes de setembro
As Festas das Mercedes da Gándara traen un mes cheo de actividades. Este mesmo sábado xa teremos a VII Baixada das carrilanas pola rúa Concepción Arenal.
Unha semana despois celebrarase o torneo da cachiza na Gándara, e haberá que agardar ata o sábado 14 para Carreira pedestre “Julia Vaquero” e o posterior serán.
A música e baile non queda aí, xa que o domingo 15 actuará a escola de danza Attitude, seguida da actuación cómica dos regueifeiros Os veciños do Luar. A verbena celebrarase o sábado 21, e xa o domingo 22 van rematando as actividades cos xogos populares e a actuación do escola de danza Dansá.
Esa fin de semana, teremos a Festa da Zorza o venres 20 de setembro e a tradicional misa solemne o domingo ás 12:30 horas. O peche definitivo das festas chegará co Trofeo Ciclista Aser Estévez o 28 de setembro.