As Festas do Monte 2018 centran a programación da semana grande da Guarda
A Guarda entra de pleno na semana grande de festexos coa celebración das Festas do Monte 2018, do 6 ao 15 de agosto, unhas Festas declaradas de Interese Turístico de Galicia, que contan un ano máis, cunha ampla programación de actividades, destacando as noites de verbenas, as actividades deportivas e culturais, así coma o Desfile Folclórico Tradicional e de Bandas Mariñeiras e como non podía ser doutra maneira, o Domingo do Monte.
As Festas do Monte están organizadas pola Asociación Cultural e Deportiva O Cancelón e o Concello da Guarda, contando coa colaboración da Deputación de Pontevedra dunha boa representación das Asociacións Culturais e Deportivas da Vila, participando activamente en diferentes actividades da programación.
A vila da Guarda énchese de visitantes, atraídos pola ampla programación de actividades e as noites de música nas verbenas da Alameda da Guarda, que este ano contará coas actuacións das orquestras e grupos musicais Jonhy Maquinaria, California, Finisterre, Ritmo Noche, Tango, Garibaldi, Passarela, América, Europea, Azúcar, Cibeles, Los Gemas , Edgar Bao(La Voz Kids), Caramelo e Ámbar.
O Desfile Desfile Folclórico Tradicional e de Bandas Mariñeiras un dos actos que congrega a unha maior cantidade de público e asistentes, participando no mesmo ao redor de 3000 persoas, entre grupos musicais, treboadas, particulares e as Bandas Mariñeiras.
O día principal é sen dúbida o Domingo do Monte cando máis de 10.000 persoas se congregan no Monte de Santa Trega para participar nun xantar popular e realizar a xura con viño nas Bandas Mariñeiras, un espectáculo de lecer para a nosa vila, cheo do colorido das vestimentas propias de cada Banda Mariñeira, que ao son dos bombos, caixas, gaitas e pandeiretas, amenizan esta gran xornada, cada unha co seu característico son, a xornada remata coa Desfeita na Baixada do Monte ata o Parque do Cancelón e posteriormente ata a Alameda e Rúa Galicia.
No apartado deportivo destacan o Trofeo Festas do Monte de Hockey Liña, as Carreiras Pedestres ou a Marcha Cicloturista Popular.
Programación por días:
06/08/18 LUNS |
POLA MAÑAN GRUPOS DE GAITAS PERCORRERAN AS RUAS DO POBO AS 20:00 HORAS PREGON FESTAS DO MONTE NO AUDITORIO DE SAN BIEITO A CARGO DE D. JOAQUIN CADILLA CASTRO (presidente da Asociación o Piueiro) 22:30 VERBENA : JOHNNY MAQUINARIA// CALIFORNIA |
07/08/18 MARTES |
POLA MAÑAN GRUPOS DE GAITAS PERCORRERAN AS RUAS DO POBO A PARTIR DAS 11:30H ACTIVIDADES PARA NENOS, NA ALAMEDA DA GUARDA FUTBOL INFANTIL . Este ano non se celebrara por estar o estadio municipal en obras. 22:30H VERBENA : FINISTERRE// RITMO NOCHE |
08/08/18 MERCORES |
POLA MAÑAN GRUPOS DE GAITAS PERCORRERAN AS RUAS DO POBO AS 17:00H. MARCHA CICLOTURISTA POPULAR CON SAIDA E CHEGADA A ALAMEDA (uso obligatorio de casco) 21:30h. FESTIVAL DE ACORDEONS, NA IGREXA PARROQUIAL. 22:30H VERBENA : TANGO // GARIBALDI AS 23:00H. XIV ROCK IN FERVENZA NA ZONA DO AS DE COPAS (ORGANIZA A FERVENZA TINTA) |
09/08/18 XOVES |
POLA MAÑAN GRUPOS DE GAITAS PERCORRERAN AS RUAS DO POBO AS 16:00H. XVIII CAMPIONATO EXHIBICION DE AXADREZ AO AIRE LIBRE NA ALAMEDA (organiza club Axadrez Albatros) 22:30H VERBENA : PASSARELA// AMERICA |
10/08/18 VENRES |
POLA MAÑAN GRUPOS DE GAITAS PERCORRERAN AS RUAS DO POBO AS 11:00H. NO AUDITORIO DE SAN BIEITO, TIRO CON ARCO(para nenos de 6 a 14 anos), KIN-BALL (a partir de 11 anos, mínimo 12 pers.), MINI TORNEO FUTTOC (individual ou por parellas, a partir de 12 anos) ORGANIZA DEOTIUM, EMPRESA DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE (Evento supendido) AS 19:00H. CARREIRAS PEDESTRES POPULARES NA SANGRIÑA INSCRICIÓN: trega@trega.es INFORMACION : www.trega.es 22:30H VERBENA : EUROPEA // AZUCAR |
11/08/18 SABADO |
12:00H. DESFILE FOLCLÓRICO TRADICIONAL E DAS BANDAS MARIÑEIRAS 22:30H VERBENA : CIBELES // LOS GESMAS E A ACTUACION DE EDGAR BAO (La Voz Kids) |
12/08/18 DOMINGO |
SUBIDA O MONTE DAS BANDAS MARIÑEIRAS DURANTE A MAÑAN 21:30H BAILE VERBENA : CARAMELO//AMBAR |
13/08/18 LUNS |
24:00h TIRADA DE FOGOS DE LUCERIA NO PORTO DA GUARDA ORGANIZA: CONCELLO DA GUARDA E COLABORA COMISIÓN DE FESTAS |
Tag:A Guarda, Festas do Monte, programa, verbenas