A Guarda entrega os diplomas do curso formativo de camareiros/as en bares e restaurantes
O venres 3 de agosto o Salón de plenos do Concello da Guarda acolleu a entrega dos diplomas do Curso de Formación para camareiros/as de bares e restaurantes realizado nos pasados meses e que contou coa participación de 15 alumnos.
Durante o acto de entrega interviron o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e a Concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes, ámbolos dous destacaron o esforzo realizado dende o concello para levar a cabo este tipo de actuacións, posto que consideran algo esencial de cara a profesionalización dun sector tan importante para A Guarda como é o Turismo e a Hostalaría, ofertando aos nosos visitantes un servizo de calidade e profesional.
Dentro da actividade formativa, que contou cunha duración de 82 horas, os alumnos e alumnas obtiveron tamén o Carnet de Manipulador de Alimentos, requisito indispensable para traballar na hostalaría.
A programación estivo deseñada para que as persoas participantes adquirisen as nocións básicas na adecuación do local, reposición de material, servizo de alimentos e bebidas en mesa e barra, e atención ao cliente no servizo de restaurante e bar.
Tamén se adicaron un total de 35 horas para a realización de prácticas en establecementos de hostalaría da Guarda e a súa contorna: Rest. La Casa de la Abuela, Rest. Casa Valladeiro, Rest. Xeito, Rest. Novo Funil, Rest. O Cangrexal, Rest. Riveiriña, Rest. Os Remos, Rest. Marusía, Rest. Celtic, Cafetería O Forte, Rest. Xantar, Cafetería Casa Aquilino e Cafetería Piano Bar Benedictus .
Tag:A Guarda, Formación, Hostalaría, turismo