Infórmase á cidadanía que o próximo mércores 31 de xullo celebrarase un pleno ordinario ás 20:00 horas no Salón de Plenos do Concello. Todos os que queiran asistir poden facelo e intervir no momento de rogos e preguntas.
A escola de danza Dansá, en colaboración co Concello da Guarda, organiza o Summer Festival este sábado 27 de xullo. As actuacións darán comezo ás 17:00 horas no pavillón municipal da Sangriña. Haberá actuacións de diferentes estilos, ademais de sorteos …
A Festa do Peixe Espada celebra esta fin de semana a súa 19ª edición. Darase comezo o venres 26 de xullo, co acto de inauguración no Concello ás 19:00 horas, onde tamén se dará entrega do premio do concurso infantil; …
Este xoves 25, aproveitando o festivo, o programa TocaMúsica trae unha nova cita musical. Pacheco Bros deleitarannos con clásicos de pop, rock, blues e soul. Pacheco Bros trátase dun dúo formado polos irmáns Javi e Diego, neste caso Javi vén …
O mércores 24 de xullo, Do lusco ó fusco organiza o seu XXIX Encontro dos pobos, caracterizado pola presenza dun grupo tradicional estranxeiro. Nesta edición, Do lusco ó fusco trae a Ensemble Dido de Serbia. Ademais deles, tamén actuará o …
Durante toda a mañá celebráronse no salón de plenos da Guarda as X Xornadas internacionais de pesca, organizadas por ORPAGU. A temática deste ano versaba sobre o mercado e o consumo actual dos produtos pesqueiros. Para abrir estas xornadas contouse …
Dúas grandes propostas de maxia e circo son a aposta para a programación familiar deste verán na Guarda. O venres 26 de xullo chegará o lexendario Mago Antón co seu magobóbil, unha novidosa proposta, na que o mago quere interaccionar …
A praza de Avelino Vicente acolleu a presentación da XXX Festa do Mexillón e do Berberecho de Vilanova de Arousa. Moitos guardeses e guardesas achegáronse a degustar os petiscos que preparou o alumnado do obradoiro Mar de Santiago. O alcalde …
O xoves pola mañá o Concello da Guarda recibiu a visita do alcalde da cidade de Santa Tecla (El Salvador), Henry Flores. Santa Tecla é a sétima cidade máis poboada de El Salvador e conta con arredor de 200.000 habitantes. …
O Concello da Guarda habilitou, como xa se anunciara, unha oficina para atender, explicar e corrixir os erros do catastro detectados na cartografía do termo municipal da Guarda. A oficina terá atención personalizada ao público e sen custo. Para unha …








