Aviso de corte no subministro de auga este venres na Guarda
O Concello da Guarda informa dun corte de auga programado para a mañá deste venres, día 21 de setembro, por mor da instalación e conexión das novas tubaxes do abastecemento de auga nas obras da Rúa Concepción Arenal.
Está previsto que os operarios realicen este corte no abastecemento de auga dende primeira hora da mañá e a previsión e que, o subministro de auga, sexa restablecido ao longo da mesma mañá.
O corte de auga afectará ás vivendas e locais das rúas Domínguez Fontenla, Concepción Arenal e o primeiro tramo da Rúa Malteses.
Dende o Concello da Guarda agradécese a comprensión dos veciños, pedindo de antemán desculpas polas molestias que se podan xerar, o subministro será establecido á maior brevidade posible.
Tag:A Guarda, abastecemento, corte de auga, Obras, servizos