Bases de subvencións a entidades e clubes deportivos da provincia de Pontevedra para o deporte federado e deporte náutico (remo/vela/piragüismo) do ano 2016
SOLICITANTES:
Carecer de fins de lucro.
Estar ao corrente coas obrigas tributarias.
A modalidade practicada ten que ter implantación na provincia de Pontevedra.
Estar inscritos no rexistro da Dirección Xeral para o Deporte.
Non estra incursos nos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas.
Non poderán beneficiarse as entidades/clubs que teñan pendente de xustificar subvencións concedidas no ano 2015.
DOCUMENTACIÓN:
Fotocopia actualizada do CIF(sinatura dixital).
Fotocopia cotexada do DNI.
Certificado orixinal dos datos bancarios da entidade ou copia cotexada.
Orzamento asinado estimativo de gastos e ingresos (2015 ou 2015-2016).
Modelo da declaración responsable debidamente cuberta (modelo 100.024).
Certificado da federación galega ou nacional correspondente (anexo 1):
– A participación do equipo en competición na temporada 2015-2016.
– O número de equipos participantes por categoría do equipo, nivel de competición e sexo.
– Nº de licenzas que participan en competición na temporada 2015-2016 pr categoría e sexo.
PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
Ata 29 de febreiro
Presentaranse no rexistro Xeral da institución provincial da Deputación de Pontevedra
No caso de presentar a solicitude nunha oficina de correos farase en sobre aberto para que sexa datada e selada polo funcionariado correspondente.
CRITERIOS OBXECTIVOS PARA A CONCESIÓN DAS SUBVENCIÓNS:
Nivel de competición da entidade.
Nº de licenzas federativas.
Nº de equipos participantes por categorías na actual tempada.
Participación en ligas e competicións de carácter local, provincial e rexional (nacional no caso de deportes náuticos).
Máis información no BOP da Provincia do 05/02/2016 ou en depo.es