Bases do XXX Certame de Poesía Feliciano Rolán
Bases do XX Certame de Poesía Feliciano Roldán convocado pola AGRUPACIÓN CULTURAL GUARDESA
A AGRUPACIÓN CULTURAL GUARDESA convoca o
XXX CERTAME DE POESÍA “FELICIANO ROLÁN”
con arranxo ás seguintes bases:
1.- Poderanse presentar poetas de calquera nacionalidade, sempre que os traballos que concursen veñan escritos en galego ou castelán.
2.- Os traballos serán orixinais e inéditos e comprenderán poemas non premiados noutros concursos. O tema e forma serán libres.
3.- Cada concursante remitirá un máximo de dous poemas que non deberán ter menos de 30 versos nin excederán dos 100 en cada poema.
4.- Os traballos presentaranse mecanografados a dous espazos e por unha soa cara, en folio e por quintuplicado. En plica pechada faranse constar os datos do autor, enderezo e número de teléfono. Os orixinais remitiranse ao seguinte enderezo:
Apdo. de Correos, 3 – 36780 A GUARDA (Pontevedra)
O Brasileiro (A Guarda)
5.- Xulgará o presente premio un xurado constituido por membros da Agrupación Cultural Guardesa e persoas relacionadas co mundo das letras. A súa composición darase a coñecer ao emitirse o fallo.
6.- O fallo do xurado darase a coñecer a través dos distintos medios de comunicación, e comunicaráselle directamente aos gañadores.
7.- O Premio “Feliciano Rolán” de Poesía estará dotado con:
PRIMEIRO PREMIO: 360 Euros e Placa
SEGUNDO PREMIO: 120 Euros e Placa
TERCEIRO PREMIO: 60 Euros e Placa
A Agrupación Cultural Guardesa concederá un accésit si o considera oportuno segundo o acordado na Asemblea do 16 de abril de 2009. Os Premios serán entregados nun Acto Cultural Poético no Centro Cultural da Guarda nunha data que se notificará posteriormente. Non poden ser declarados desertos.
8.- O prazo de admisión dos traballos pecharase o día 22 de xullo de 2016.
9.- Non se manterá correspondencia sobre o concurso. Os traballos non premiados e plicas serán destruidos unha vez rematado o fallo do Xurado.
10.- Os traballos premiados quedarán en poder da Agrupación Cultural Guardesa, que poderá publicalos cando o considere conveniente sempre mencionando ao autor.
11.- A participación neste concurso implica a aceptación das presentes bases, así como a decisión do xurado para algún caso non previsto nas mesmas.
A Guarda, 22 de xuño de 2016
A AGRUPACIÓN CULTURAL GUARDESA AGRADECE A PRESENZA DAS PERSOAS PREMIADAS NO ACTO DE ENTREGA
Este Premio está Patrocinado polo EXCMO CONCELLO DE A GUARDA.
Colabora: COMISIÓN DAS FESTAS DO MONTE.