“Degusta Europa” chega este mércores ó Mercado da Guarda
Este mércores, día 11 de maio de 11 a 12 horas da mañá, terá lugar na Praza de Abastos da Guarda unha degustación gastronómica de pratos elaborados con produtos típicos da zona polo profesorado e alumnado do CIFP Manuel Antonio de Vigo.
Este mércores, día 11 de maio de 11 a 12 horas da mañá, terá lugar na Praza de Abastos da Guarda unha degustación gastronómica de pratos elaborados con produtos típicos da zona polo profesorado e alumnado do CIFP Manuel Antonio de Vigo.
Trátase dunha iniciativa impulsada pola Deputación de Pontevedra dentro do programa “Degusta Europa”, que busca promover a gastronomía Europea a través dunha serie de actuacións para conmemorar o Día de Europa. Simbolízase así a unión entre os diferentes pobos mediante a gastronomía como manifestación cultural.
Con este obxectivo, un grupo de profesorado e alumnado voluntario dos centros educativos públicos Carlos Oroza de Pontevedra e Manuel Antonio de Vigo encargaranse de comprar produtos das Rías Baixas nos mercados municipais de Pontevedra, Vigo, Bueu, Cambados, Caldas de Reis e A Guarda e, aí mesmo e ó estilo dun showcooking, elaborar pratos específicos para cada lugar, típicos de diferentes países europeos, que poderán ser degustados.
Dende O Concello da Guarda convídase a todos os que o desexen a asistir dende primeira hora da mañá para ver cómo se preparan os pratos e poder probar despois o resultado final, no que se inclúen as seguintes elaboracións: sopa de melón con Oporto texturizado, xoubas fritidas con tempura de millo, xarda lañada con brotes tenros, rissoto de mexillóns con tella de queixo parmesano e hamburguesas de porco.