BASES PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUNHA PRAZA DE PERSOAL PARA A OFICINA DE INFORMACIÓN TURÍSTICA DO CONCELLO DA GUARDA Ó ABEIRO DA SUBVENCIÓN CONVOCADA POLA AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA POR RESOLUCIÓN DE 18 DE MARZO DE 2014, DOGA Nº 12 DE 20.01.
BASE 1ª.- Contratación laboral temporal dunha praza de persoal para a Oficina de información turística do Concello da Guarda, cunha duración dende a sinatura do contrato e ata o 30 de setembro de 2015, cunha xornada de 40 horas semanais, de luns a domingo, co horario que determine a Concellería de Turismo do Concello de A Guarda
Obxecto do contrato: as funcións a desenvolver consistirán en proporcionar ós turistas e viaxeiros que o soliciten información no referente a aloxamento, transporte, gastronomía, etc, sendo a modalidade de contratación a de obra ou servizo determinado.
Retribucións: 1.358,03 euros mensuais brutos incluida a prorrata de pagas extras.
A forma de selección será a de oposición libre.
BASE 2ª.- Para seren admitidos á realización das probas selectivas os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:
A) Ter a nacionalidade española, sen perxuízo do disposto no artigo 57 do EBEP.
B) Ter cumpridos os 16 anos de idade e non ter alcanzado a idade de xubilación forzosa.
C) Estar en posesión da seguinte titulación: Técnico superior de información e comercialización turística ou técnico superior en guía, información ou asistencia turística; técnico en empresas e actividades turísticas; ou grao ou diplomado/a de turismo ou equivalente homologado.
D) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das CC.AA., non atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para emprego ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ó corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desenvolvían no caso do persoal laboral, no que tivera sido separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente non ter sido sometido a sanción disciplinario ou equivalente que impida no seu estado, nos mesmos termos, o acceso ó emprego público.
E) Non estar incurso en causa de incompatibilidade para o posto.
F) Estar desempregado/a
Todos os requisitos esixidos no apartado anterior deberán posuílos os aspirantes no día de remate do prazo para a presentación de solicitudes e conservalos, ao menos, ata a data do seu nomeamento como persoal laboral, no seu caso.
BASE 3ª.- As solicitudes acompañaranse coa documentación compulsada que acredite as condicións mínimas esixidas nesta convocatoria, así como copia do DNI, nas oficinas municipais (rexistro xeral do Concello da Guarda de luns a venres (de 9:00 a 14:00 horas) e os sábados (de 10:00 a 13:00 horas), ou en calquera das formas que sinala o art. 38.4 da Lei 30/92, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico e do Procedemento Administrativo Común.
O prazo para a presentación de instancias será de dez días hábiles dende o día seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
A presentación de solicitudes poderá facerse ben no rexistro xeral do Concello, ben en calquera das formas establecidas no art. 38.4 da Lei 30/92 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. As solicitudes que se presenten a través da oficina de correos ou a través do Portelo Único deberán entregarse en sobre aberto para ser seladas e datadas polo funcionario de Correos ou da administración receptora da documentación. Nestes dous casos, unha vez presentada, deberá enviarse vía fax ó Concello (986610283) a solicitude debidamente selada antes do fin do prazo para a presentación de solicitudes, xunto coa acreditación da titulación mínima esixida para participar na convocatoria. A falta de cumprimento deste requisito suporá a exclusión da solicitude.
Documentación a presentar xunto coa solicitude:
Esta documentación será a que segue:
– solicitude (con Rexistro de Entrada)
copia do DNI compulsada
declaración responsable (Anexo I).
copia compulsada do título ou do recibo do depósito do título
copia compulsada da tarxeta de demandante de emprego en vigor.
aqueles aspirantes que o posuan deberán presentar a copia compulsada o CELGA 4 para eximilos da obriga de realizar a proba de galego.
Recordar ós aspirantes que a documentación poden compulsala no Rexistro Xeral do Concello de A Guarda no momento de entregar a solicitude, traendo copia e orixinal de todo aquilo que queiran presentar.
Finalizado o prazo de presentación de instancias, dictarase unha resolución que se publicará no taboleiro de anuncios do Concello e na web municipal, na que se admitirá ós/ás candidatos/as que presentasen a documentación anterior correctamente e se excluirá provisionalmente ós/ás candidatos que non o fixeran, concedéndoselles prazo de dous días hábiles para subsanar os erros ou defectos que houbera. Posteriormente, elaborarase unha nova lista cos definitivamente asmitidos/as e excluídos/as.
BASE 4ª.- Sistema de selección.
O sistema selectivo é a oposición libre e consistirá na realización dun exame tipo text de 40 preguntas relacionadas co temario que se sinala a continuación. O día, hora e lugar da realización deste proba, que terá unha duración de 60 minutos, indicarase na resolución da alcaldía pola que se publique o listado provisional de admitidos e excluidos. A puntuación máxima deste exercizo serça de 10 puntos, sendo necesaria unha puntuación mínima de 5 puntos para acadar a cualificación de APTO, polo que aqueles aspirantes que non acaden a calificación de APTO quederán eliminados. O exame conterá catro preguntas adicionais de reserva para o caso de anulación dalgunha das preguntas do exame e que tamén servirán para resolver posibles empates.
TEMARIO.
1.- A Constitucion española de 1978.
2.- A Administración Local. O municipio. Concepto, elementos e organización.
3.- Normativa xeral e autonomica en materia turística.
4.- Persoal ó servizo das entidades locais.
5.- Ordenanza xeral reguladora do uso de praias da Guarda (BOP 16.08.2012)
6.- Instalacións e dependencias do Concello da Guarda.
7.- Patrimonio histórico, cultural e etnográfico da Guarda.
8.- Principais festas e eventos do municipio.
9.- Rueiro e praias da Guarda.
10.- O Monte Santa Trega.
PROBA LINGUA GALEGA.
Os aspirantes que non acrediten estar en posesión do título CELGA 4 deberán realizar unha proba escrita de coñecemento da lingua galega, consistente na traducción dun texto de castelán a galego. A proba será valorada como APTO ou NO APTO, e terá carácter eliminatorio.
BASE 5ª.- O tribunal estará constituído da seguinte maneira:
O Tribunal Cualificador, no que os membros teñen un nivel de titulación igual ou superior ó da praza convocada, estará integrado polos seguintes membros:
– PRESIDENTE: Un funcionario ou persoal laboral da Administración Pública.
– SECRETARIO: O da Corporación ou funcionario en quen delegue, que actuará con voz pero sen voto.
– VOCAIS: catro vocais, designados entre o persoal funcionario e laboral fixo da Administración Pública
A designación de membros do tribunal cualificador deberá incluir ó respectivo suplente, e os vocais, deberán posuir un nivel de titulación igual ou superior ó da praza convocada, o que deberá acreditarse mediante copia compulsada que acompañe ó escrito de designación de titular e suplente.
Para a válida actuación do Tribunal requirirase a presencia da maioría absoluta dos seus membros, titulares ou suplentes.
Os/as membros dos tribunais deberán absterse de intervir, comunicándolle ó Alcalde cando concorra neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/92 de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, así como cando tivesen realizado tarefas de preparación de aspirantes durante os cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria. Así mesmo, os/as aspirantes poderán recusar ós membros do tribunal cando concorra neles algunha das circunstancias previstas para a abstención e de conformidade co establecido no artigo 29 da Lei 30/92.
A composición do tribunal cualificador, así como a data de constitución do mesmo serán obxecto de resolución da Alcaldía, que se fará pública.
BASE 6ª.- Rematadas as probas o Tribunal aprobará a relación de aspirantes en orde de maior a menor puntuación total, propoñendo o Sr. Alcalde para a súa selección á persoa que encabece a relación do proceso selectivo.
No caso de que as persoas seleccionadas non reunisen os requisitos necesarios para ser seleccionadas poderán ser substituídas polas seguintes da relación do proceso selectivo, situación que sucederá igual no caso de ser necesario cubrir algunha praza por razóns de baixa, enfermidade, etc., utilizando para iso a modalidade de contratación laboral apropiada para cada caso.
No caso de quedar deserto o proceso selectivo por non superar ningún aspirante a proba ou por non presentarse ningún a esta, o Sr. alcalde queda autorizado a convocalo novamente cantas veces fose necesario, de conformidade coas presentes bases.
BASE 8ª. – DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR POLO SELECCIONADO.
O candidato seleccionado deberán achegar con carácter previo ó inicio da prestación:
DNI.
Tarxeta da Seguridade Social.
Número de conta bancaria.
Certificado médico de non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o exercizo das funcións propias do posto.
BASE 9º.- LEXISLACIÓN SUPLETORIA.
En todo o non previsto por estas Bases, os contratos rexeranse polo disposto na lexislación reguladora de contratos de obra ou servicio determinado, así como pola resolución da concesión da subvención e as bases publicadas no DOGA Nº 12 de 20 de xaneiro de 2015. Así mesmo, será de aplicación o Estatuto dos Traballadores e a lexislación de función pública que poida selo.