A Biblioteca pecha o ciclo de Contos Contados cun espectáculo infantil
O sábado 17 de xuño a Biblioteca Municipal terá a derradeira edición do Contos Contados da man da proposta cómica “Carmiña Miudiña, a pinga que quería ser científica”. A compañía Bocaberta, achega este espectáculo dentro do ciclo de animación á lectura Ler conta moito, onde se nos presenta a historia de Carmiña, unha pinga de auga moi miudiña que habita nunha nube gris, nunha casiña en forma de botella con toda a súa familia. No día do seu aniversario a súa avoa lle agasalla un paracaídas para poder baixar ó mundo dos humanos e poder facer fantásticos experimentos. Así coñece outras pingas coma ela, visita o océano, a praia, o río, e toma apuntamentos sobre a fauna e a flora que alí habita.
A cita será na propia Biblioteca Municipal ás 11:30h. e a entrada é de balde