As alfombras florais vestirán as rúas da Guarda no fin de semana de Corpus
Os guardeses puideron comprobar como nestes días vívese unha frenética actividade nas principais rúas do centro da vila, nas bodegas nas que decenas de mulleres levan semanas traballando no desfollar de plantas e flores que o domingo vestirán as rúas da nosa localidade. Á tardiña do sábado comezarase a trazar os deseños sobre as calzadas que cubren o percorrido dende a Praza do Reló, praza de Ignacio Sobrino, o inicio da rúa Oliva, rúa Hernán Cortés, rúa da Riveira e Concepción Arenal. A continuación os propios veciños, axudados polos máis cativos da casa irán completando estas decoracións para que na mañá do domingo tódolos guardeses e visitantes poidan apreciar o resultado final. Para amenizar estes traballos e dotar a esta actividade dun carácter festivo, a charanga Os Charamujas animará a velada pola noite, en torno ás 23h., percorrendo as citadas rúas. Finalmente, o domingo ás 12.30h, celebrarase a misa de Corpus na Igrexia Parroquial.
E será neste fin de semana de Corpus, cando a ruta gastronómica Tapearte peche a súa edición. Os guardeses e visitantes terán este venres, sábado e domingo para completar a ruta na que 23 establecementos ofertan tapas do mais variado a un prezo de 2€, no horario establecido que vai de 12.00 a 14.00 horas y de 19.00 a 22.00 horas. Os participantes nesta ruta poden valorar a calidade das tapas puntuando entre o 1 ó 6 nos pasaportes editados para a ocasión, e ademáis poden optar a premios pola súa participación, entrando nun sorteo entre aqueles que consigan un mínimo de 7 sellos sobre o pasaporte e un regalo directo se consumiron 15 tapas diferentes.