(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Cultura

    • Inicio
    • Cultura
    • Castelao e Rosalía de Castro danse a man con dúas exposicións no Concello da Guarda na semana das Letras Galegas.

    Castelao e Rosalía de Castro danse a man con dúas exposicións no Concello da Guarda na semana das Letras Galegas.

    • Publicado por Cultura A Guarda
    • Categorías Cultura
    • Date 14 Maio, 2024

    A exposición O Herbario de Rosalía recala na Guarda ata o 24 de maio, acompañada dunha mostra das obras de Castelao que permanecerá ata o 30 de maio

    Con motivo da celebración das Letras Galegas estes persoeiros ilustres da literatura e cultura galegas ocupan un espazo central no Concello da Guarda, ocupando a planta baixa da Casa dos Alonso ata o vindeiro 24 de maio.

    As dúas mostras, organizadas a primeira polo propio Concello da Guarda e a segunda pola Casa de Rosalía e Deputación de Pontevedra amosan diferentes perspectivas dos autores, pero coinciden en render homenaxe á súa figura como impulsores no uso e recoñecemento do galego como lingua e das formas propias e particulares da cultura e sociedade galegas

    A exposición adicada a Daniel Alfonso Castelao recolle unha escolma de publicacións, que fai un percorrido do persoeiro dende a súa importancia como Constructor de Nación (Ed. Galaxia, 2021 M.A. Seixas Seoane) amosando os exemplares de Sempre en Galiza e Alba de Groria, os seus comentarios ao Estatuto de Autonomía do 36, as publicacións en A nosa Terra, e a recompilación das diversas obras que estudan a súa traxectoria tanto política como literaria. Amósase tamén unha escolma das publicacións que recollen a súa ampla obra gráfica, como debuxante, eses debuxos tan característicos que denuncian a realidade social das desigualdades, da emigración, das inxustizas de clase, da realidade rural galega: Galicia Mártir, Atila en Galicia e os diferentes números de Cousas. Sen esquecer a recompilación feita por el mesmo da idiosincrasia galega como cultura diferenciada da cultura castelá e centralista e mais vencellada as tradicións atlánticas como pode ser As Cruces de Pedra na Galiza e as Cruces de Pedra na Bretaña.

    A exposición adicada ao Herbario de Rosalía, pola súa parte recala na Guarda dentro da longa xira que está a realizar por todo o país dende que no 2022 se inaugurara no Real Xardín Botánico de Madrid. Esta exposición parte dun traballo feito polas profesoras María López Sández e Isabel Fraga en 2019, con fotografías de Miguel Fraga. Non se trata dun herbario científico, senón dun literario, unha homenaxe á obra rosaliana e á unión da literatura coa natureza.

    A exposición, patrocinada pola Deputación da Pontevedra, está dividida en cinco seccións: rosas, herbas do campo florido, herbiñas do camposanto, árbores e outras flores, plantas e especies comestibles. Cada unha destas seccións vai acompañada dun panel explicativo no que se desenvolve a importancia desa serie na obra de Rosalía, así­ como, en xeral, o nexo entre literatura e natureza. Acompañado dun vídeo co recitado profesional dos versos de Rosalí­a e a proxección da totalidade dos pregos.

    En palabras das profesoras López Sández e Fraga Vila “trátase dunha ofrenda á autora á que tanto debemos, que nos ensinou a mirar a paisaxe galega doutra maneira, para que poida incorporarse ao discurso museístico e estea a disposición de todas aquelas persoas que se acheguen á Casa Museo”, afirmaron.

    As exposicións poderán visitarse dende o día de hoxe ata o 24 de maio no caso do Herbario de Rosalía e o 30 de maio no caso da Exposición de Castelao

    Aproveitando ambas mostras e a efeméride das Letras Galegas o mesmo espazo acolle unha mostra con selección dalgúns dos autores locais como son Gómez Alfaro, Chuny Alonso ou Generoso Álvarez. Esta mostra estará visitable dende o día 19 de maio ata o 30.

    • Compartir:
    Cultura A Guarda

    Anterior nova

    O Concello da Guarda ao abeiro do PLAN MAIS PROVICIA 2024 da Deputación de Pontevedra ven de contratar a 12 traballadores desempregados
    14 Maio, 2024

    Seguinte nova

    TOCAMÚSICA SAE Á RÚA: unha nova programación que levará música e diversión a moitos e diversos rincóns da Guarda
    16 Maio, 2024

    Tamén te poden gustar

    • O grupo Terapia de Jueves expón as súas pinturas por primeira vez na Guarda
      11 Xullo, 2025
    • Cultura no Camiño trae tres espectáculos diferentes á axenda guardesa deste verán
      10 Xullo, 2025
    • A aposta por recuperar a cultura mariñeira da Guarda consolídase coa II A Rosegha
      8 Xullo, 2025

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web