(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Deporte

    • Inicio
    • Deporte
    • Chega a -Pontevedra trail league-, a nova aposta deportiva da Deputación de Pontevedra

    Chega a -Pontevedra trail league-, a nova aposta deportiva da Deputación de Pontevedra

    • Publicado por prensa
    • Categorías Deporte
    • Date 14 Febreiro, 2020

    A iniciativa une o Trail Adventure Muíños do Folón, o Trail do Románico e o Trail do Trega, “unha grande idea coa que promovemos a provincia de Pontevedra como un destino sustentable”

    A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentou hoxe a primeira edición da Pontevedra Trail League, iniciativa deportiva que conta coa colaboración da institución provincial e que xuntará a tres probas de referencia na provincia como son o Trail Adventure Muíños do Folón, o Trail do Románico e o Trail do Trega. No acto estivo acompañada por Anxela Fernández, alcaldesa do Rosal; Mónica González, concelleira de Deportes de Silleda; Montse Magallanes, concelleira de Deportes da Guarda; Gorka Gómez, deputado de Deportes, e Justi Peixoto, organizador da proba.

    En rolda de prensa, Silva resaltou que “na Deputación de Pontevedra apostamos por este tipo de actividades deportivas que axudan a promocionar o noso territorio ao mesmo tempo que se desenvolven dun xeito sustentable”. Amais, referiuse á primeira edición desta iniciativa como “unha gran idea que cumpre coa Axenda 2030 e que vai da man da nosa campaña turística, que pon en valor o noso patrimonio natural, amais o facemos desde un punto de vista non pasivo, promovendo a actividade nel”.

    A primeira proba da Pontevedra Trail League será no Rosal o 8 de marzo. O Trail Adventure Muiños do Folón será unha carreira de 21 quilómetros para o que tan só quedan ao redor de 60 prazas. A alcaldesa do Rosal, Anxela Fernández, apuntou que “como a proba terá lugar o 8 de marzo, nunha data tan sinalada para todas e todos nós, tentaremos facer de xeito paralelo un recoñecemento á muller no deporte”.

    Tras o seu paso polo Rosal o circuíto deportivo chegará a Silleda o 19 de xullo co Trail do Románico, unha proba de 24 quilómetros para a que o prazo de inscrición abrirase no mes de abril, aínda que a inscrición conxunta para as tres probas xa pode formalizarse. A concelleira de Deportes da vila do Deza, Mónica González, afirmou que “é unha das probas deportivas das que máis orgullosos e orgullosas estamos en Silleda porque é unha carreira que vai máis aló do deportivo e que serve para poñer en valor o noso patrimonio natural, histórico e artístico”.

    Por último, a Pontevedra Trail League pecharase na Guarda co Trail do Trega o 22 de novembro. Para esta proba, de 18 quilómetros, as inscricións individuais estarán dispoñibles a partir do mes de xullo. Montse Magallanes, concelleira da Guarda, explicou que “xuntar estes tres eventos deportivos é unha idea fantástica e polo tanto gustaríame transmitir o noso agradecemento á empresa organizadora e á propia Deputación de Pontevedra”.

    No acto de presentación, Justi Peixoto, organizador da proba, detallou os pormenores da primeira edición desta iniciativa deportiva e anunciou que “a partir da primeira proba a líder e o líder da xeral levarán un maillot identificativo” e que “paralelamente as principais probas organizaremos unha andaina para que as persoas acompañantes das e dos participantes e aquelas persoas que non poidan levar a cabo a proba correndo poidan gozar das paisaxes polas que pasan as tres carreiras”.

    Carmela Silva rematou sinalando que “Pontevedra ten a capacidade de acoller grandes eventos deportivos e como aquí somos ambiciosos e ambiciosas teño que dicir que estou segura de que dentro dun tempo falaremos deste programa deportivo como unha referencia nacional e internacional que estea a altura de iconas do trail como Colorado, Isla Bonita, Zegama ou Chamonix”.

    Tag:A Guarda, Deporte, trail, Trail do Trega

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    O comercio da Guarda estuda as oportunidades do Camiño Portugués da Costa
    14 Febreiro, 2020

    Seguinte nova

    A Guarda recoñece os méritos dos seus deportistas na XIII Gala do Deporte
    15 Febreiro, 2020

    Tamén te poden gustar

    • Máis de 420 xoves judokas competirán este sábado na Guarda
      30 Abril, 2025
    • A Guarda arrancará o verán co II Trail Camposancos ó solpor
      25 Abril, 2025
    • O Clinic do Celta forma na Guarda a 26 rapaces de 4 a 14 anos
      16 Abril, 2025

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web