Citas para a renovación do DNI na Guarda nos meses de abril maio e xuño
O vindeiro mércores día 11 de marzo de 2020 xa se poderán solicitar as citas para a visita das unidades móbiles no concello para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) correspondentes aos meses de abril, maio e xuño de 2020.
A apertura do prazo para a solicitude de novas citas nos meses de abril, maio e xuño ofertadas pola unidade móbil do Corpo Nacional de Policía de Vigo comezarán o mércores día 11 de marzo de xeito presencial de 8:00h a 14:00h na Casa dos Alonsos e a partires do xoves 12 de marzo de xeito telefónico no 986 61 0000 nas extensións 1 e 2.
Ata entón, aquelas persoas que de xeito urxente necesiten realizar a renovación do seu DNI, poderán acudir ás oficinas de expedición de Tui (na rúa Párroco Rodríguez Vázquez, 3) ou Vigo (rúa Álvaro Cunqueiro, 6) previa solicitude de cita no teléfono 060 ou ben a través da páxina web www.citapreviadni.es.
Tag:A Guarda, cita previa, DNI, Renovación