CLASES DE IOGA AO AIRE LIBRE NA GUARDA
As sesións serán no Puntal e no Montiño.
Na segunda quincena de agosto, dende o día 17 ó 31, todos os martes e xoves, se darán clases gratuítas de ioga ao aire libre no municipio da Guarda.
Esta actividade, organizada polo Centro de ioga “Awen” e coa colaboración do Concello, está aberta a todo o público.
Os horarios serán, os martes e xoves de 10,30 a 11,30 horas na zona do aparcadoiro do Puntal e, eses mesmos días, de 20 a 21 horas no Montiño.
Todas as persoas interesadas en participar tan só terán que estar á hora no lugar marcado e levar con eles unha esteira ou unha manta.
Para máis información poden poñerse en contacto a través do número 676620247 e preguntar por Elvira ou na dirección de correo centroawenyoga@gmail.com.