«Comercio Innova Plus» trae este luns á Guarda a Juan Morandeira Vázquez, experto en deseño de espazos comerciais e interiorismo
O Concello da Guarda continúa neste mes de xaneiro as actividades do programa formativo “Comercio Innova Plus”, dirixido especialmente a comerciantes e empresarios da vila, unha actividade para a que non é preciso inscrición previa e que se realiza de balde.
Neste mes de xaneiro de 2019, están previstas 3 sesións formativas, a primeira delas terá lugar o vindeiro luns día 14 de xaneiro de 15:00h a 16:45h baixo a temática de “Novas tendencias en deseño de espazos comerciais”, a segunda terá lugar o luns 21 de xaneiro de 15:00h a 16:45h con “Innovación no cara a cara co cliente” e xa para rematar o luns 28 de xaneiro xaneiro de 15:00h a 16:45h cunha sesión formativa sobre “Compartindo talento: Xuntos chégase máis lonxe”, todas elas realizaranse na Casa dos Alonsos.
Este luns día 4 de xaneiro celebrarase a segunda charla deste ciclo en horario de 15:00h a 16:45h e que versará sobre «Novas tendencias en deseño de espazos comerciais», nesta charla contarase coa presenza de Juan Morandeira Vázquez, CEO de Space-Indesign Interiorismo e foi responsable de Imaxe de Marca de Caramelo durante 8 anos e experto en deseño de interiores e de espazos comerciais cunha ampla traxectoria neste campo, quen grazas á súa ampla experiencia asesorará aos comerciantes e empresarios guardeses no deseño e organización dos espazos de venda dos seus negocios. Os asistentes poderán falar con este experto e preguntarlle as súas dúbidas sobre como organizar e dispor os seus produtos para chamar máis a atención dos seus clientes e aumentar deste xeito as probabilidades de venda e o seu éxito comercial e empresarial.
O luns 21 de xaneiro terá lugar a charla sobre «Innovación no cara a cara co cliente», unha charla que realizarase na Casa dos Alonsos da Guarda en horario de 15:00h a 16:45h. Neste caso a ponente será Fátima Rodríguez Marcos, Licenciada en Psicoloxía, formadora e desde fai 4 anos ao fronte de Talentea, unha consultora adicada, entre outros, ao deseño e execución de proxectos sobre dinamización comercial.
Para rematar a programación de «Comercio Innova Plus» o luns 28 de xaneiro terá lugar na Casa dos Alonsos unha charla sobre «Compartindo Talento: Xuntos chégase máis lonxe» a cargo de Mariem Filgueira Pérez, Licenciada en Dirección e Administración de Empresas e con máis de 15 anos de experiencia en asesoramento empresarial. Directora de Proxectos de Consultoría e Innovación en Sherpa Empresarial.
Estas accións formativas teñen como obxectivo que o comercio da vila coñeza as novas ferramentas tecnolóxicas que teñen á súa disposición, para que as empreguen nos seus propios establecementos comerciais e lle saquen o maior rendemento, ademais de continuar promovendo a innovación dentro da rede comercial do Concello con actividades sobre comunicación e canles de venda, deseño de espazos comerciais, a atención ao cliente ou a creación de alianzas entre empresas. Todas as actividades son de balde e non é necesaria a realización dunha inscrición previa.
Esta actividade constitúe a continuación do programa «Comercio innova», que rematou en xuño do ano pasado e no que se traballou cos establecementos comerciais da vila para optimizar a súa xestión e facelos máis competitivos.
No mes de novembro realizáronse varios obradoiros na Aula CeMit no Centro Cultural da Guarda sobre «Utilización Práctica de Instagram», e «Utilización Práctica de Facebook», rematando con 4 charlas a modo de píldoras formativas, nas que se conta con varios ponentes especializados no comercio, marketing e empresas.
“Comercio Innova Plus” conta co financiamento da Deputación de Pontevedra ao abeiro do Plan Concellos.
Tag:A Guarda, charlas, Comercio, diseño, Innovación, interiorismo, marketing