Comeza o prazo para anotarse no Obradoiro gratuíto “A ritmo de corazón”
Entre a variedade de actividades ofertadas dende a Concellería de Xuventude do Concello da Guarda para o próximo mes de xuño está o Obradoiro de danza africana “ A ritmo de corazón”.
Entre a variedade de actividades ofertadas dende a Concellería de Xuventude do Concello da Guarda para o próximo mes de xuño está o Obradoiro de danza africana “ A ritmo de corazón”.
Esta actividade, que será de balde, está organizada pola Concellería en colaboración co grupo senegalés “Mbolo mooye doolé”. O obradoiro estápensado e desenrolado para mostrar e experimentar cos máis pequenos/as os beneficios da percusión e a danza africana. A través destas actividades mostráselles os rapaces algunhas curiosidades dunha cultura chea de alegría e cor á vez que aprenden e se relacionan cunha nova cultura.
O obradoiro está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 13 anos e se impartirá o sábado 18 de xuño ás 12 horas da mañá. As prazas son limitadas, polo que os que desexen asistir deberán anotarse dentro do prazo que comeza o 30 de maio e remata o 15 de xuño. Para poder facelo deben acudir na oficina da OMIX no Concello en horario de 9 a 14 horas. Para máis información poden chamar ó 986614546, enviar un correo electrónico a informacion@aguarda.es ou poñerse en contacto a través da páxina de Facebook da OMIX.