Construción dunha rampla de accesibilidade na praia Area Grande
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, solicitou a Costas a finais de verán unha rampla de accesibilidade real para a praia de Area Grande.
Despois de diferentes encontros tanto en Pontevedra coma na Guarda, o goberno local conseguiu, ademais dos permisos de Costas para construíla, que eles mesmos levasen a cabo os traballos.
Así, a obra, que está actualmente en execución, consiste nunha rampla dobre cun descanso intermedio que cumprirá todos os criterios de accesibilidade. Os traballos se prolongarán uns dez días.
O orzamento de Costas para realizar esta instalación na Praia de Area Grande é de aproximadamente 12.000 euros.
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba e o Concelleiro de Vías e Obras, Miguel A. Español, foron revisar os traballos.