Continúa aberto ata o 19 de agosto o prazo para inscribirse no curso de funky da Guarda, dentro do programa Depo RúARTE
Tras a boa acollida do primeiro curso celebrado na Guarda dentro do programa Depo RúARTE da Deputación de Pontevedra, un curso de graffiti que remata hoxe luns día 8 de agosto, ofrecerase na localidade un segundo curso, esta vez de temática funky.
Tras a boa acollida do primeiro curso celebrado na Guarda dentro do programa Depo RúARTE da Deputación de Pontevedra, un curso de graffiti que remata hoxe luns día 8 de agosto, ofrecerase na localidade un segundo curso, esta vez de temática funky.
Este curso terá lugar entre os días 29 de agosto e 9 de setembro, de luns a venres en horario de 10,30 a 13 horas, no Ximnasio Municipal da Guarda. O obxectivo desta iniciativa é que os participantes podan adquirir coñecementos, habilidades e destrezas básicas sobre funky, coñecer o procedemento do funky e os estilos que o compoñen, adquirir coñecementos básicos sobre composición e enfocar o funky como arte urbana e como actividade física deportiva saudable.
O curso vai dirixido a rapaces e rapazas de 14 a 30 anos empadroados no Concello da Guarda. Conta con prazas limitadas, polo que a orde para cubrir as prazas será a seguinte:
-Primeiro aqueles comprendidos entre os 14 e 30 empadroados na Guarda.
-Se quedan prazas libres, tamén poderán inscribirse persoas non empadroadas na vila que cumpran o requisito da idade.
-Por último poderán inscribirse os empadroados que non teñan entre 14 e 30 anos.
O prazo para inscribirse estará aberto ata o vindeiro venres 19 de agosto e poderán facelo no Rexistro do Concello da Guarda de 8 a 14 horas, de luns a venres. Para isto deben achegar un formulario de solicitude, que poden descargar na web http://www.depo.es/; unha fotocopia do DNI e o empadroamento.
Dende o concello volve a apostarse por ofrecer á xuventude guardesa unha variada e novidosa oferta de actividades culturais e de lecer para facer deste un verán inesquecible e cheo de enriquecedoras experiencias para os mozos e mozas da Guarda.