Aberto o prazo de inscrición para o Campus de Tecnificación Deportiva da Guarda
Dende este mércores día 15 e ata o vindeiro 28 de xuño queda aberto o prazo de inscrición para anotarse ao Campus de Tecnificación Deportiva da Guarda.
Dende este mércores día 15 e ata o vindeiro 28 de xuño queda aberto o prazo de inscrición para anotarse ao Campus de Tecnificación Deportiva da Guarda.
Trátase dun Campamento dirixido a nenos e nenas nados entre os anos 2002 e 2009, ambos incluídos, que terá lugar nas instalacións do CEIP A Sangriñadende o luns día 4 de xullo ata o mércores día 13 de xullo.
O campamento ten un prezo total de 60 euros e se realizará polas mañás, de 9,30 a 13,30h. Entre as diversas actividades que poderán realizar os rapaces e rapazas destacan:
-
Mellora técnica de baloncesto, fútbol sala e voleibol como actividades principais.
-
Práctica doutros deportes (pádel, fútbol 7, etc) e actividades complementarias.
-
Actividades e competicións a través de xogos cooperativos.
-
Competicións propias de cada deporte.
A presentación do Campus para as familias dos nenos e nenas terá lugar o sábado 2 de xullo ás 10h na Sangriña.
Todos aqueles que desexen inscribirse deben descargar a Ficha de Inscrición e a Autorización que atoparán na páxina web do Concello da Guarda http://aguarda.es cubrilas e entregalas no Concello no Departamento de Deportes dentro do prazo de inscrición en horario de mañá. Unha vez rematado o prazo, a partir do día 28 de xuño, o concello da Guarda poñerase en contacto cos participantes para a realización do pago.
DESCARGAR A FICHA DE INSCRICIÓN E AUTORIZACIÓN