Contratación laboral temporal dunha praza de encargado/a do Museo do Mar na Guarda
O Concello da Guarda selecciona unha praza de persoal: encargado/a do Museo do Mar do Concello da Guarda, para a contratación en réxime laboral temporal concretado este na cobertura temporal interina da praza, que quedou vacante por renuncia do seu titular, en tanto non se proceda á súa provisión definitiva ou se amortice.
Xornada laboral e horarios: 15 horas semanais. Sábados, domingos e festivos.
Verán: de 11:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:00 horas. (do 15 de xuño ao 15 de setembro ambos inclusive)
Inverno: de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas.
Retribucións: salario bruto mensual de 364,78 euros (excluídas pagas extraordinarias).
Titulación esixida : título de graduado escolar, ESO ou equivalente.
As bases completas da convocatoria están a disposición dos interesados no rexistro do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres, e na sede electrónica do concello (https://aguarda.sedelectronica.gal/info) dende a publicación do presente anuncio ata o 30 de xullo de 2019, data na que remata o prazo para a presentación de instancias.
Tag:A Guarda, Emprego, museo do mar