Convocatoria aberta para subvencións por concorrencia competitiva na Guarda
O Concello da Guarda informa que a partir do martes 10 día de outubro xa se poden presentar solicitudes para as subvencións municipais por concorrencia competitiva destinadas a actividades sociais, culturais e deportivas no municipio. O anuncio da apertura do procedemento publicouse no BOP do 9/10/2023.
As entidades e persoas interesadas teñen un prazo de 30 días naturais (ata a o 8 de novembro de 2023) para tramitar estas subvencións e toda a documentación se pode consultar na web municipal www.aguarda.es ou na sede electrónica.
Documentación:
Bases Subvencións actividades sociais
Bases Subvencións actividades culturais
Bases Subvencións actividades deportivas