Convocatoria de Pleno Ordinario para este venres día 25 de xaneiro ás 20:00h
DECRETO DE ALCALDÍA
Expediente núm.:
Órgano colexiado:
PLN/2019/1
O Pleno
ANTONIO LOMBA BAZ, EN CALIDADE DE ALCALDE DO CONCELLO DA GUARDA, DISPOÑO:
PRIMEIRO. Que se convoque a próxima sesión deste órgano colexiado:
DATOS DA CONVOCATORIA
Tipo Convocatoria
Ordinaria
Data e hora
25 de xaneiro de 2019 ás 20:00
Lugar
Casa do Concello
SEGUNDO. Que se realicen os trámites legais oportunos para levar a cabo a convocatoria e notificación aos membros deste órgano colexiado.
TERCEIRO. Que se fixe a seguinte orde do día:
ASUNTOS DA CONVOCATORIA
1. Aprobación das actas das sesións extraordinaria urxente do 21.11.18, extraordinaria do 24.11.18, ordinaria do 30.11.18 e extraordinaria do 20.12.18
2. Expediente 119/2019. DAR CONTA DOS DECRETOS.
3. Expediente 1564/2017. Dar conta dos reparos 59/2018 a 2/2019.
4. Expediente 876/2018. DAR CONTA DA SENTENCIA DO XULGADO DO SOCIAL Nº 4 DE VIGO AUTOS 1052/2017.
5. Expediente 1266/2018. DAR CONTA DO BORRADOR DO ACTA DA COMISIÓN DE HONRAS E DISTINCIÓNS DE DATA 09/11/2018.
6. Expediente 1446/2018. DAR CONTA DO CONVENIO PARA LEVAR A CABO O PROXECTO “CONEXIÓN DOS SENDEIROS PEONÍS, LITORAL E FLUVIAL E REXENERACIÓN DO ENTORNO DA PRAIA DO MUÍÑO, SITUADOS NO ESTEIRO DO MIÑO”.
7. Expediente 1915/2018. Aprobación da Conta Xeral correspondente ó exercicio 2017.
8. Expediente 111/2019. Aprobación do Recoñecemento Extraxudicial de Crédito 1/2019.
9. Expediente 3071/2018. Moción presentada por Converxencia Galega sobre os orzamentos participativos no proxecto do 2019.
10. Expediente 3067/2018. Moción presentada por Converxencia Galega sobre o 10D-Día internacional dos dereitos humáns.
11. Expediente 3072/2018. Moción presentada por Converxencia Galega sobre a elaboración dunha ordenanza de mobilidade.
12. Expediente 3073/2018. Moción presentada polo BNG en apoio ao conflito das traballadoras dos PAC.
13. Expediente 112/2019. Moción presentada polo GMS relativo ó reforzo e posta en valor do pacto de estado en materia de violencia de xénero.
14. Rogos e preguntas.