(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.

Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Escudo e bandeira
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
    • A nosa vila
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións e grupos
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Escudo e bandeira
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
    • A nosa vila
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións e grupos

    Cultura

    • Inicio
    • Cultura
    • A costa baixomiñota e a súas peculiaridades serán as protagonistas da «barferencia» deste venres

    A costa baixomiñota e a súas peculiaridades serán as protagonistas da «barferencia» deste venres

    • Publicado por prensa
    • Categorías Cultura
    • Date 1 Febreiro, 2018
    • Comentarios 0 comentarios

    Este venres 2 de febreiro celebrarase a cuarta das charlas do ciclo de «Barferencias» 2017/2018, a cargo da catedrática de Xeoloxía na Universidade de Vigo Soledad García Gil, a partir das 20:30 horas no bar Cramoeiro.

    O faladoiro, titulado «A rasa costeira no Baixo Miño», versará sobre os principais condicionantes xeolóxicos (tipos de rocha e fallas) e os procesos mariños que controlan a morfoloxía da costa galega, para explicar os factores que dan orixe á formación dunha rasa costeira. Tratarase con especial atención a rasa do Baixo Miño, onde as variacións do nivel do mar durante os últimos períodos glaciares-interglaciares xogarían un papel fundamental na orixe das diferentes superficies de erosión presentes nesta costa.

    Sobre a relatora

    Soledad García Gil estudou Xeoloxía na Universidade Complutense de Madrid e doutorouse na mesma institución, sendo premio extraordinario de doutoramento. A súa traxectoria continuou no Imperial College of London, onde se especializou en xeofísica mariña (estratigrafía sísmica) e na Facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo, onde é Catedrática de Estratigrafía dende 2009. Dende a súa incorporación á UVigo as súas investigación centráronse no recheo sedimentario das rías galegas en relación con cambios do nivel do mar e os cambios climáticos, inicialmente na Ría de Vigo, entendéndose nos últimos anos ó resto de rías e á plataforma galega. Durante a realización destes traballos foi investigadora responsable de diversos proxectos onde un dos logros principais foi a identificación de metano nos sedimentos destas rías.

    Próxima «barferencia»

    O ciclo de «Barferencias» rematará o vindeiro 2 de marzo coa charla «De roteiro polas costas da lamprea», da man do profesor da Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo e membro da Asociación Naturalista do Baixo Miño (ANABAM), Manuel Ángel Pombal Diego. A cita será, nesta ocasión, na Casa-Bar Aquilino a partir das 20:30 horas.

    Tag:Barferencias, Ciclo de charlas, Cramoeiro, Rasa costeira, Soledad García Gil, Universidade de Vigo, Xeoloxía

    • Compartir:
    prensa

      Anterior nova

      Abre o prazo para solicitar a axuda económica para persoas con fillos/as menores de 3 anos
      1 Febreiro, 2018

      Seguinte nova

      O Concello e a Xunta acordan as necesidades de reforma para a mellora dos CEIP da Guarda
      1 Febreiro, 2018

      Tamén te poden gustar

      • A Guarda premia aos mellores lectores da Biblioteca Pública Municipal
        12 Xaneiro, 2021
      • Os Reis Magos visitaron A Guarda
        7 Xaneiro, 2021
      • Todo preparado na Guarda para a visita dos Reis Magos
        2 Xaneiro, 2021

      Deixa un comentario Cancelar a resposta

      O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

      Buscar

      Categorías

      • Cultura
      • Deporte
      • Desenvolvemento local
      • Educación
      • Educación familiar
      • Escola Infantil
      • Medio ambiente
      • Muller
      • Novas tecnoloxías
      • Outras
      • Patrimonio
      • Policía local
      • Sen categoría
      • Servizos sociais
      • Turismo
      • Urbanismo
      • Vías e obras
      • Xeráis
      • Xuventude
      • | Novas Destacadas
      • | Perfil do contratante
        • Adxudicacións definitivas
        • Adxudicacións provisionais
        • Anuncios de licitacións
        • Mesas de contratación
        • Pregos de contratación
      Logo Concello de A Guarda

      (+34) 986 610 000

      (+34) 986 610 283

      alcaldia@aguarda.es

      APP MOBIL

      Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

      Aplicación de A Guarda para IOS
      Aplicación de A Guarda para Android

      Concello

      • Diríxete ao alcalde
      • Horarios de Interese
      • Sede Electrónica

      Información

      • Asociacións e grupos
      • Teléfonos de Interese
      • Farmacia de garda

      Recomendado

      • Axenda
      • Novas

      © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

      • Aviso legal
      • Política de cookies
      • Política de privacidade
      • mapa web