A aula de informática da Guarda ofrece novos cursos de iniciación en xuño
A aula de informática do Centro Cultural da Guarda, incluída na rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT), impulsará seis novos cursos de iniciación ao manexo do ordenador e uso de Internet no mes de xuño.
As clases comezarán a partir do día 1 e estarán orientadas á adquisición de coñecementos básicos para o uso dos computadores (con 12 horas de formación) e os teléfonos intelixentes (4 horas), o uso do navegador (6 horas), xestión e utilidades de Internet (7 horas), o correo electrónico (6 horas) e o procesador de textos (6 horas).
As persoas interesadas poderán inscribirse de balde no Centro Cultural, na Casa do Concello ou na páxina web da rede CeMIT ata o 29 de maio. Os horarios de cada un dos cursos poderán consultarse na táboa aquí adxunta e na páxina web da rede CeMIT.
Tag:CeMIT, Centro Cultural, Cursos, Informática