(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Desenvolvemento local

    • Inicio
    • Desenvolvemento local
    • Os «praceiros» presumen de produtos na campaña «Quere o teu mercado»

    Os «praceiros» presumen de produtos na campaña «Quere o teu mercado»

    • Publicado por prensa
    • Categorías Desenvolvemento local, Xerais
    • Date 23 Maio, 2018
    O Concello difundirá unha cuartilla sobre os beneficios dos alimentos frescos e locais dos que dispón o comercio de proximidade.

    A Praza de Abastos da Guarda está participar na campaña internacional «Quere o teu Mercado», orientada á promoción e posta en valor dos mercados municipais potenciando a compra de produtos frescos e locais.

    A iniciativa, promovida pola Xunta de Galicia en colaboración coa Praza de Abastos e o Concello da Guarda, desenvólvese durante esta segunda quincena de maio no espazo do mercado municipal, coa celebración de diversas actividades e a difusión de material promocional. A campaña vivirá o seu día grande o sábado 26 de maio, coincidindo coa conmemoración do Día Internacional dos Mercados, cando as «praceiras» e os «praceiros» agasallarán á súa clientela con mandís, bolsas reutilizables, globos, contos e lambetadas.

    Dentro desta campaña, o Concello da Guarda publicará unha cuartilla na que se recollen os beneficios máis destacábeis do consumo de produtos frescos e de calidade propios do comercio de proximidade. Estes manteñen mellor os nutrientes, son máis económicos e son máis respectuosos co medio ambiente, entre outros proveitos, que se completan coa comodidade da compra no mercado local e a calidade do servizo personalizado que ofrecen. O impreso poderá recollerse, xunto cun imán, en calquera dos postos da Praza de Abastos durante a próxima semana.

    • «Quere o teu mercado 2018»
      Praza de Abastos
    • «Quere o teu mercado 2018»
      «Quere o teu mercado 2018»
    • «Quere o teu mercado 2018»
      Obradoiro Decorativo «Quere o teu mercado 2018»
    • «Quere o teu mercado 2018»
      Obradoiro Decorativo «Quere o teu mercado 2018»

    Completando a iniciativa, os «praceiros» e as «praceiras» participaron nun obradoiro de elaboración de elementos decorativos que embelecerán a praza durante a primavera e o verán. Paralelamente, os e as comerciantes da praza comezaron unha actividade orientada á actualización e dinamización da páxina de Facebook do mercado (Mercado A Guarda), onde a partir de agora todas e todos os seus seguidores poderán atopar información de interese sobre a praza, as súas actividades e a oferta de produtos.

    Sobre «Quere o teu mercado»

    «Quere o teu mercado» é o lema en galego da Campaña Internacional dos Mercados, unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia en colaboración cos Concellos, as Prazas de Abastos e as Federacións e Asociacións de comerciantes. Por cuarto ano consecutivo e durante a segunda quincena do mes de maio, organízanse actividades en máis de 90 mercados de Galicia, incentivando así a creación de novos negocios para a revitalización deste sector do comercio.

    A campaña «Quere o teu mercado» («Love Your Local Market»), con orixe no Reino Unido, está promovido a nivel internacional pola World Union of Wholesale Markets. Nesta nova edición, a iniciativa conta coa participación dos mercados de España, Reino Unido, Francia, Alemaña, Holanda, Polonia, Italia, Irlanda, Bélxica, Grecia, Dinamarca, Suecia, Hungría, Serbia, Hong Kong, Brasil, Porugal e Estados Unidos. A campaña rematará o 26 de maio, coincidindo coa conmemoración do Día Internacional dos Mercados.

    Tag:Mercado, Praza de Abastos, Quere o teu mercado

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    A Deputación subvenciona unha aplicación para a xestión informática do padrón
    23 Maio, 2018

    Seguinte nova

    A aula de informática da Guarda ofrece novos cursos de iniciación en xuño
    24 Maio, 2018

    Tamén te poden gustar

    • O autobús de ADOS estará o próximo xoves na Guarda
      5 Maio, 2025
    • A Guarda recuperou a normalidade tras máis de 18 horas de apagón
      30 Abril, 2025
    • O alcalde da Guarda solicita unha dragaxe urxente do río Miño e favorecer á súa recuperación
      27 Marzo, 2025

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web