Designación do tribunal cualificador para a selección dun profesor para o Conservatorio da Guarda
EXPEDIENTE: 1883/2018
DECRETO DE ALCALDÍA
Aprobadas mediante Resolución da Alcaldía de 13 de xullo de 2018, as bases para a contratación laboral temporal dunha praza de profesor do Conservatorio Elemental de Música, especialidades de linguaxe musical e educación auditiva e vogal
RESOLVO:
1.- Nomear o seguinte Tribunal Cualificador :
Presidente: don José Antonio Soutelo Muñoz, profesor do Conservatorio do Concello da Guarda (Titular); don Jorge Fernández Fernández, profesor do Conservatorio do Concello da Guarda (suplente).
Secretaria: dona Julia María Carrasco González-Alegre, secretaria do concello de A Guarda (titular); dona María Emilia Fernández Rodríguez, funcionaria do concello da Guarda (suplente).
Vocais:
Don Ubaldo Zabala Arbulu, profesor do Conservatorio do Concello da Guarda (titular); don Héctor Varela González profesor do Conservatorio do Concello da Guarda (suplente).
Dona Maria Rosario Guerrero García, profesora do Conservatorio do Concello da Guarda (titular); don Víctor Alonso Treinta, profesor do Conservatorio do Concello da Guarda (suplente).
Don David Aragunde Arppe,Interventor do concello da Guarda (titular); don Luis Miguel Sueiro Mejuto, Tesoreiro do concello da Guarda (suplente).
A constitución do tribunal terá lugar o día 6 de agosto de 2018, ás 16.30 horas no Conservatorio do Concello da Guarda.
2.- Publicar a presente resolución no taboleiro de Anuncios do Concello de A Guarda.
O Alcalde,
Antonio Lomba Baz
Tag:A Guarda, Conservatorio, Emprego