Dispoñibles 3 vacantes para realizar un curso de soldadura dirixido a persoas dempregadas
CURSO DE SOLDADURA PARA DESEMPREGADOS
Dende o Concello da Guarda infórmamos a tódolos traballadores desempregados do noso municipio dunha nova acción formativa práctica sobre soldadura oxigás e soldadura MIG/MAG que vai ter lugar en Forcadela (Tomiño) que conta con 3 vacantes.
Trátase dun curso de gran interese, por ser unha formación técnica específica con oportunidade de inserción ou mellora laboral para as persoas participantes. O curso terá unha duración de 678 horas, comezando o 1 de decembro do 2017 e ata o 21 de xuño de 2018. A formación impartirase na Cerrajería Gándara, situada na parroquia de Forcadela, no Concello de Tomiño, en horario de 15:30 a 20:30 horas.
Os candidatos a cubrir os 3 postos ainda dispoñibles deben estar inscritos como demandantes de emprego na Oficina de Emprego de Tui, e ter completado o nivel de formación 2 (equivalente ao graduado na ESO). Todas as persoas interesadas en participar nesta formación deberán chamar, antes do 28 de novembro, aos números de teléfono 986 623 110 ou 670 521 542 (Cerrajería Gándara).
Dende o Concello da Guarda queremos animar a todas as persoas en situación de desemprego a aproveitar esta oportunidade de formación.