Este ano o San Xoan non terá fogueiras públicas
• Debido á situación sanitaria, este ano só se permitirán fogueiras en espazos privados, previa solicitude particular e cun aforo máximo de 15 persoas
Ante a proximidade da celebración da Noite de San Xoán, dende a Policía Local da Guarda infórmase que todos aqueles que desexen facer unha fogueira deberán solicitar o permiso nas súas oficinas da Praza do Reló.
Este ano e, debido á situación sanitaria, só se permitirán fogueiras en espazos privados, previa solicitude particular e cun aforo máximo de 15 persoas.
Ademais, póñense a disposición dos guardeses e guardesas que teñan dúbidas sobre como e onde se poderán facer estas fogueiras.
Dende o Concello da Guarda agradécese a colaboración de todos os veciños e veciñas da vila para entre todos desfrutar da noite e facer dela unha festa segura.
Tag:A Guarda, coronavirus, covid19, fogueiras, san xoán