Este sábado celébrase a primeira sesión de “Contos Contados” na Biblioteca Municipal da Guarda
A cita é as 11 horas
Este sábado, 7 de novembro, comezan as sesións de “Contos Contados” na Biblioteca Municipal da Guarda. A actividade comezará ás 11 horas e está aberta a todos os rapaces e rapazas da localidade.
Esta iniciativa, organizada polas Concellerías de Educación e Cultura dirixidas por Elena Baz, teñen como obxectivo atraer aos nenos e nenas á biblioteca do municipio e ademais incentivar a lectura entre eles.
As sesións de “Contos Contados” se repetirán o primeiro sábado de cada mes. Así, a seguinte cita será o 5 de decembro.
Actividades na biblioteca
O Concello da Guarda quere atraer á cidadanía a Biblioteca Municipal, instalada no Centro Cultural guardés. Para iso, se están levando a cabo diferentes actividades que atraen aos lectores.
Así, ademais de celebrar o “Día da Biblioteca” regalando libros aos adultos e facendo diferentes obradoiros cos rapaces e rapazas e programando as sesións de “Contos Contados”, tamén están en activo os clubes de lectura, nos que os seus membros se xuntan para comentar un libro escollido previamente entre todos.