Este sábado celébrase na Guarda o Torneo 3×3 de Baloncesto
Este sábado día 21 de xullo de 2018, as pistas deportivas do Centro Cultural da Guarda acollen a cuarta edición do Torneo de Baloncesto de verán 3×3 Vila da Guarda.
Se desexas participar co teu equipo tan só tes que inscribirte a través do seguinte ligazón: www.formfy.com/form/1417318 , o prezo por equipo é de 20€ e en total establécense un máximo de 12 equipos para o torneo.
O Torneo celebrarase ao longo de toda a xornada deste sábado, e coma ven sendo habitual contarase co acompañamento musical de DJ´s, un torneo de triples para os inscritos e tamén o triple do espectador.
O torneo está organizado por Baixo Miño Basket e conta coa colaboración da Concellería de Deportes do Concello da Guarda e casas comerciais.
Tag:A Guarda, Baloncesto, basket, Deporte