Exposición das listas electorais para as eleccións autonómicas do 25 de setembro
Entre os días 8 e 15 de agosto, ambos inclusive, poderán consultarse nas oficinas do concello as listas do Censo Electoral que se utilizaran nas Eleccións Autonómicas do vindeiro 25 de setembro.
Entre os días 8 e 15 de agosto, ambos inclusive, poderán consultarse nas oficinas do concello as listas do Censo Electoral que se utilizaran nas Eleccións Autonómicas do vindeiro 25 de setembro.
O horario de consulta será entre as 09.00 horas e as 14.00 horas, de luns a venres, consulta que deberá facerse de xeito individual, previa identificación da persoa (mediante D.N.I., pasaporte ou permiso de conducir).
É conveniente que aquelas persoas que houberan cambiado de domicilio, ou que cumpriran 18 anos recentemente comproben a súa correcta inscrición no censo.
A Guarda 5 de agosto de 2016.
O Alcalde en funcións,
Miguel Ángel Español Otero