(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Turismo

    • Inicio
    • Turismo
    • A Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira pecha a súa vixésimo sétima edición con sabor a éxito

    A Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira pecha a súa vixésimo sétima edición con sabor a éxito

    • Publicado por prensa
    • Categorías Turismo
    • Date 3 Xullo, 2017

    A tradicional celebración gastronómica da Guarda chegou o seu fin o pasado domingo coa actuación da fadista María do Ceo, tras dous días de celebración intensa e un éxito de afluencia que superou as previsións dos establecementos participantes.

    Dous pregoeiros para lembrar

    O inicio da festa tivo lugar a noite do venres co nomeamento por parte do alcalde da vila, Antonio Lomba, dos seus pregoeiros: o actor vigués Bruxo Queiman e a cantante e actriz tomiñesa Andrea Pousa, “dous artistas que levan no sangue a cultura atlántica”, destacou o rexedor. O pregón estivo marcado por un conxunto de sons e letras evocadoras das lendas, a historia e as características propias da Guarda. Así, mentres Queiman emocionaba ó público cun sentido reclamo ó mar da Guarda e a súa tradición castrexa, Pousa acompañou coa interpretación de cancións tradicionais (Camariñas e Romeiro ó lonxe) e outras adaptadas ó discurso, como temas dos coñecidos filmes Braveheart e Gladiator.

    Os artistas pontevedreses quixeron agradecer ó Concello o apoio dado e a oportunidade de ser convidados de honra na súa festa máis importante. “É un orgullo ser pregoeiro da terra dun”, recoñecía a cantante tomiñesa, que conta cunha vivenda na Guarda, polo que esta é a súa “segunda casa”.

    Pasadas as 22:00 horas, a celebración continuou na carpa instalada no Porto onde, xa cos establecementos gastronómicos en funcionamiento e os primeiros comensais nas mesas, Andrea Pousa interpretou Lela e Romeiro ó lonxe antes de dar paso ó espectáculo-concerto Milson’s, no que gaitas e outros instrumentos da tradición musical galega conviviron coa guitarra eléctrica e o teclado no escenario. De novo, a temática mariñeira foi a protagonista, con cancións tradicionais e outras de elaboración propia, que amenizaron a noite ós máis de 200 asistentes.

    • Pregón da XXVII Festa da Langosta Andrea Pousa e Bruxo Queiman durante o pregón, o pasado venres na Praza do Reló.
    • Pousa, Queiman e Antonio Lomba Os pregoeiros co alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba.
    • Andrea Pousa Andrea Pousa durante a súa actuación na carpa da festa, o pasado venres noite.
    • Milsón's Espectáculo Milson's, encabezado por Bruxo Queiman, na carpa da festa.
    • Inauguración da carpa na XXVII Festa da Langosta

    Respecto dos pregoeiros, o alcalde quixo recalcar que a elección de Pousa e Queiman “foi todo un acerto”, do que deron conta as numerosas felicitacións por parte dos asistentes. “Fieis aos seu estilo, fixeron desfrutar ó numeroso público dun pregón moi emotivo e ben documentado que tocou a fibra sensible de todas aquelas persoas con vínculos afectivos coa Guarda e a súa historia pesqueira”, sinalou o rexedor.

    Milleiros de comensais réndense ante a cociña mariñeira

    A celebración dedicada ó crustáceo mariño rei na Guarda vivíu este sábado o seu día grande, con preto de 5.000 comensais que pudieron degustar até 24 pratos elaborados con produtos do noso mar. Un éxito que continuou o domingo xa dende primeira hora do mediodía, cando as 400 prazas da carpa xa se atopaban cheas de visitantes, procedentes principalmente das provincias de Pontevedra e Ourense e do norte de Portugal.

    Os establecementos hosteleiros colaboradores (restaurantes Casa Olga, O Cangrexal e Xeito) serviron máis de 200 quilos de langosta, 500 racións de polbo e 160 quilos de percebes.

    Tiveron moita demanda, tamén, pratos como a paella, con preto de 350 racións servidas até o domingo; as tapas de mexillóns, das que se serviron 300 racións, e as croquetas de langosta, con algo máis de 150 racións servidas. A estes datos cabe engadir ó éxito das empanadas elaboradas con produtos do mar, das que se consumiron máis de 600 porcións, e as 170 e 130 racións de zamburiñas e navallas, respectivamente,  que saíron das cociñas dos establecementos da festa.

    Comensais degustando os pratos de langosta e cociña mariñeira na carpa.

    Tanto a Pastelería Montserrat como a Adega Gran Novás, que se estrearon nesta edición como establecementos participantes, aseguran estar “moi satisfeitos” co éxito da celebración, que xa no seu primeiro día superou as súas espectativas de venta. Entre os produtos de pastelería máis demandados atópase a tradicional rosca de xema, ademáis da torta de Santa Trega, un postre de foitos secos con lámina de milfollas especialmente elaborado para esta festa.

    A Adega do Rosal, pola súa parte, esgotou xa durante o sábado as cantidades de viño coas que contaba para afrontar os tres días de festa, tendo que recurrir as adegas para repoñer os produtos, de xeito que a súa experiencia nesta celebración non podería ser máis positiva. Destacan a boa acollida do seu Albariño entre os visitantes, que recoñeceron a boa maridaxe entre o caldo rosaleiro e os produtos mariñeiros.

    María do Ceo como broche de ouro

    A programación cultural foi da man das actuacións do grupo tradicional O Tribón dos Xidos, que percorreu as rúas guardesas até chegar a carpa e dar así comezo as xornadas de degustación o sábado e o domingo, seguido da actuación do grupo de pop-rock da vila Songodin’s. As tardes estiveron amenizadas pola actuación da Tropa do Doutor Milagre, o humorista Gossip Bufón e o espectáculo de maxia de Popín Palomero, dirixido ós máis pequenos.

    A vixésimo sétima edición da Festa da Langosta chegou ó seu fin, tras tres días de intensa celebración, coa noite de fado de María do Ceo, que ofreceu un concerto na carpa da explanada do Porto ás 20:30 horas. A relevancia da artista portuguesa, que é todo un referente na interpretación e composición do fado tradicional, fíxose evidente no interior da carpa, onde centenares de admiradores da fadista gozaron do concerto, composto por cancións emblemáticas da literatura galega (Lula ou Soedade de ti, coas que o público acompañou a Do Ceo) e outros temas do repertorio luso-galaico propio da intérprete.

    • María do Ceo María do Ceo durante o concerto na carpa da festa o pasado domingo.
    • María do Ceo Carpa chea atendendo á actuación da fadista.
    • María do Ceo María do Ceo asinando o seu libro trala actuación.

    “Levo 18 anos sen cantar na Guarda e tiña moita vontade de vir, porque sei que a xente ten moita afección polo fado”, comentaba a artista tralo concerto, que asegurou recibir do público “unha inxección de positividade e agarimo” difícil de esquecer.

    Tag:A Guarda, Andrea Pousa, Animación, Bruxo Queiman, Cociña mariñeira, cultura, Espectáculo, festa, gastronomía, María do Ceo, XXVII Festa da Langosta

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    Un centenar de nenas e nenos participan nas escolas de balonmán, fútbol e baloncesto do Campus Deportivo
    3 Xullo, 2017

    Seguinte nova

    O Concello da Guarda convoca os Premios de Educación 2017. Bases da convocatoria
    5 Xullo, 2017

    Tamén te poden gustar

    • A Guarda afianza a execución do seu Plan de Sustentabilidade Turística (PSTD)
      8 Maio, 2025
    • Unha programación chea para esta Semana Santa
      9 Abril, 2025
    • O Concello da Guarda organiza catro andainas para este 2025
      13 Marzo, 2025

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web