FIN DE SEMANA DEPORTIVA NA GUARDA
Está organizado un Torneo de Volei Praia e un Open de Escalada.
Esta fin de semana a vila da Guarda prepárase para participar en dúas actividades deportivas moi diferentes.
Mentres uns veciños da localidade e turistas gozarán do VIII Torneo de Volei Praia, moitos outros desfrutarán do Open de Escalada.
A primeira das actividades, o VIII Torneo de Volei Praia, xogarase tanto mañá, sábado día 29, coma o domingo 30, pola mañá e pola tarde, na Praia da Lamiña.
Pola maña do sábado os equipos mixtos, femininos e masculinos comezarán a competición que terminará ó día seguinte pola tarde, data na que terá lugar a final.
Esta actividade, organizada polo Concello da Guarda, ten inscrición gratuíta, pero cada un dos participantes entregarán de forma simbólica algún produto para o Banco de Alimentos Municipal.
O sábado tamén se celebrará a primeira edición do “Open de escalada en bloque de A Guarda”, na pista deportiva do Centro Cultural. Esta actividade aberta a todos os públicos a partir dos 18 anos en adiante, que estean ou non en posesión de licencia federativa.
Tras a recepción de participantes e a comprobación das inscricións, ás 10:30 horas comezará a clasificación ata ás 13:30 horas. A final está programada para ás 20 horas.
Este evento está organizado por Aviva Sport Club e Amigos do Grilo, coa colaboración da Federación Galega de montañismo e o Concello da Guarda.