(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Deporte

    • Inicio
    • Deporte
    • A Guarda, escenario do primeiro Campionato Internacional de Taekwondo Praia en España

    A Guarda, escenario do primeiro Campionato Internacional de Taekwondo Praia en España

    • Publicado por prensa
    • Categorías Deporte
    • Date 10 Xullo, 2017

    A guardesa Praia do Muíño foi a escollida para a celebración do I Campionato de técnica e free style praia e o I Trofeo de rompimentos espectaculares, celebrados o pasado domingo 9 de xullo. Ambas competicións enmárcanse dentro do I Campus de Taekwondo Internacional da Guarda, que tivo lugar entre os días 6 e 9 deste mes nas inmediacións da praia guardesa, organizado polo Clube Domajó, en colaboración co director da Asociación Deportiva Do Yang, Francisco Tilve, o director do Ximnasio Kiap, Alfonso Guedella, e o mestre do Clube Domajó, José Loren.

    Con idades comprendidas entre os 5 e os 58 anos, os máis de 50 participantes do Campus -principalmente procedentes da comunidade galega, Castela-A Mancha e Portugal- puideron practicar distintas técnicas da arte marcial e a súa efectividade como sistema de autodefensa, ademáis da práctica de sistemas avanzados de adestramento da flexibilidade, acrobacias e adestramento funcional aplicados ó Taekwondo.

    Todo isto, da man dun equipo técnico composto por 15 profesionais de recoñecido prestixio, entre os que destacan o castelán-manchego Manuel Ballesteros, vinte veces campeón de España e seis veces campeón de Europa; os portugueses Sergio Ramos e Yoana Gonçalvez, ambos campións de Europa; o mestre coreano Seung Han, 7º Dan e antigo Campión de Corea e Avilio Fernández, director de arbitraxe internacional da Federación Portuguesa. Ademais da calidade docente, os participantes salientaron o espectacular enclave onde se realizou o evento, “rodeado de natureza, con praia e paisaxes inmellorables”.

    Pioneiros nos Campionatos de Taekwondo Praia

    O I Campeonato de técnica e free style praia de Taekwondo, programado incicialmente para a mañá do domingo no campo de fútbol do Codesal, trasladouse ás inmediacións da praia O Muíño –cun fondo de mar, río e vistas a Portugal-, onde finalmente se celebrou ás 17:00 horas, seguida do I Trofeo de rompimentos espectaculares de Taekwondo nos niveis infantil, cadete, junior/sub21, absoluto e máster.

    Tras a demostración da base técnica, na que se valorou a perfección dos movementos, os participantes mostraron a súas habilidades de coordinación na modalidade free style, na que os movementos da arte marcial se combinan coa música para ofrecer un espectáculo coregrafiado. O Trofeo de rompimentos espectaculares deu os momentos máis aplaudidos polos espectadores. Nesta técnica, os competidores exercen o endurecemento do corpo e, a un mesmo tempo, fan execucións complexas con dintintos materiais. Poñendo fin á xornada, os participares agasallaron ós espectadores cunha demostración da modalidade olímpica de combate.

    • IMG 8504 Min Campionato de técnica
    • IMG 8556 Min Campionato de técnica
    • IMG 8771 Min Rompimentos espectaculares
    • IMG 8786 Min Rompimentos espectaculares
    • IMG 8849 Min Organizadores, mestres e concelleiros
    • IMG 8852 Min Participantes no Campus Internacional de Taekwondo
    O nacemento dun proxecto pioneiro

    O I Campionado Mundial de Taekwondo Praia celebrado na illa grega de Rodas o pasado mes de maio deu o empurrón definitivo ós organizadores para levar adiante a celebracións destes campionatos. O que até fai dous meses era unicamente un proxecto, converteuse en realidade nun tempo récord, “grazas á colaboración do concello da Guarda e ós profesionais que se sumaron á iniciativa”, sinalou o director do Clube Domajó, José Fandiño.

    A este respecto, o mestre José Loren quixo destacar o carácter embrionario desta primeira edición, “pensada para promocionar a práctica de Taekwondo e mellorar en base a esta experiencia”. Os xuíces das competicións en categorías adultas foron os propios nenos e nenas participantes no Campus, de xeito que o recoñecemento dos vencedores fíxose cun caracter meramente simbólico e como agradecemento polo apoio dado ás competicións.

    Con todo, dende a organización fan una valoración “altamente positiva” da experiencia, calificándoa de “histórica”, por ser estas as primeiras competicións de Taekwondo Praia que se celebran en España. Non terían sido posibles, destacan, “sen a gran implicación do Concello guardés”, sinalando a especial dedicación do Concelleiro de Deportes, Javier Crespo, e a concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes. “Tanto a nivel loxístico como en infraestrutura, estiveron en todo momento a disposición da organización, posibilitando que o evento teña sido un éxito”, engadiu José Fandiño. Do mesmo xeito, mereceron mención os hoteles da localidade guardesa El Molino e Novo Muíño, ambos sedes do Campus, e o presidente da Entidade local menor de Camposancos, Rafael Álvarez. Este último, xunto cos concelleiros, foron os encargados de facer entrega dos trofeos.

    Tanto por parte dos organizadores como do Concello guardés existe a vontade de repetir a experiencia, de xeito que o vindeiro ano A Guarda estará preparada para volver ser o punto de encontro de profesionais e aprendices desta disciplina.

    Tag:Campionato de Taekwondo Praia, Deporte, Praia do Muíño

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    Gañadores e premiados “TAPEARTE A GUARDA 2017”
    10 Xullo, 2017

    Seguinte nova

    Comezan as visitas teatralizadas para coñecer a historia máis recente da Guarda
    12 Xullo, 2017

    Tamén te poden gustar

    • Máis de 420 xoves judokas competirán este sábado na Guarda
      30 Abril, 2025
    • A Guarda arrancará o verán co II Trail Camposancos ó solpor
      25 Abril, 2025
    • O Clinic do Celta forma na Guarda a 26 rapaces de 4 a 14 anos
      16 Abril, 2025

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web