(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Cultura

    • Inicio
    • Cultura
    • Homenaxe a Xela Arias este sábado na Guarda “Todalas poetas son tu e ningunha coma ti”

    Homenaxe a Xela Arias este sábado na Guarda “Todalas poetas son tu e ningunha coma ti”

    • Publicado por prensa
    • Categorías Cultura
    • Date 19 Maio, 2021

    • Sábado 22 de maio ás 19:00h na Praza do Reló, en caso de choiva trasladase á Casa dos Alonso.

    A concellería de cultura do Concello da Guarda organiza unha completa programación de actividades en torno as nosas letras e entorno á figura homenaxeada este ano, Xela Arias.

    Xela Arias foi mestra no Instituto da Sangriña, e tralo seu falecemento o instituto mantivo viva a súa figura e a súa importancia como poeta convocando durante case unha década o Certame literario Xela Arias, cunha notable participación e calidade nos poemas seleccionados.

    O Concello da Guarda fixo un esforzo por divulgar a figura e a obra desta singular poeta, que cultivou un estilo propio, moi persoal e algo incomprendido polos estándares literarios da súa época. Deste xeito a programación está pensada para sacar a súa obra á rúa e captar a atención dos veciños, para os amantes da literatura e tamén para os menos lectores, para que a coñezan e descubran algunhas das composicións que esconden fermosura, misterio, inconformismo…

    Así mesmo e tendo en conta que a vinculación de Xela coa nosa vila ven pola súa docencia no instituto as actividades foron combinadas e ideadas en colaboración co Departamento de Lingua Galega do Instituto da Sangriña baixo o nome “Todas as poetas son tu e ningunha coma ti”, parafraseando un verso adicado ao seu fillo no libro Darío a Diario (1996). Igualmente contan coa participación doutros colectivos e organismos como son a Biblioteca Municipal ou a Agrupación Cultural Guardesa.

    Unha das actividades é unha exposición de poemas polos comercios da Guarda, que integra poemas da autora nos seus escaparates xerando así unha ruta literaria pola vila, sorprendendo aos transeúntes e curiosos con poemas escollidos de entre toda a súa obra.

    Outra das actividades é a lectura de poemas pública que terá lugar o sábado 22 de maio na Praza do Reló ás 19:00, e contará coa participación de alumnado e docentes do IES A Sangriña, así como integrantes da Agrupación Cultural Guardesa.

    E para rematar o último sábado do mes representarase no Centro Cultural, as 19:00h. unha proposta escénica baseada no último libro publicado por Xela Arias, Intempériome (2003), titulado “Vencerse é cousa de se tratar”. Esta proposta ten unha significación especial, xa que trátase da posta en escena dun recital que Xela estaba preparando co músico Fernando Abreu no momento do seu falecemento. Dentro do traballo de preparación previo a este recital quedaron gravados certos poemas na voz de Xela. Estas gravacións foron recuperadas por Abreu, así como o espírito do espectáculo e deron forma a esta proposta na que participan agora o propio Fernando Abreu como director artístico e músico, Mónica DeNut na lectura dos poemas, Pablo Carrera á guitarra e Roi Fernández a cargo do contido audiovisual.

    No caso dos actos públicos do día 22 e 29 de maio os eventos contan, como ven sendo habitual cun protocolo COVID-19 e é preciso anotarse cunha semana de antelación en centrocultural@aguarda.es

    Actividades cos centros escolares
    Ademais destas actividades realizadas en torno a Xela cabe destacar a convocatoria do II Tendal de poemas que se realiza co alumnado dos centros escolares Manuel Rodríguez Sinde, As Solanas, CPR San José e Centro de Educación Especial San Xerome.

    Estes centros seleccionaron poemas dentro do amplo repertorio da nosa lingua galega e decorados sobre lenzos de roupa que están “colgados ao sol” en diferentes lavadoiros da nosa vila, concretamente os lavadoiros de A Cal, A Ribeira, Fedorento e Netos. Estes debuxos poden verse ata final de mes, sempre que a climatoloxía o permita.

    Ademais desta actividade os centros públicos da vila (CEIP Manuel Rodríguez Sinde, CEIP As Solanas, CEIP A Sangriña) realizaron unha exposición sobre Xela Arias que sepode visualizar na Praza de Avelino Vicente.

    Homenaxe do IES A Sangriña
    Pola súa banda, o IES A Sangriña preparou a súa homenaxe institucional este venres coas seguintes propostas:

    1. Descubrimento dunha praca conmemorativa cun verso escollido (por unha Comisión do IES) da autora.
    2. Adicar unha das aulas de nova creación do centro (antiga vivenda do conserxe) co nome de “Aula Xela Arias”

    Streaming en directo

    Tag:A Guarda, cultura, Homenaxe, recital de poemas, xela arias

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    Publicadas no BOPPO as bases de selección e convocatoria do proceso selectivo para a formación dunha bolsa de traballo de persoal interino como oficiais de Servizos
    19 Maio, 2021

    Seguinte nova

    O Alcalde da Guarda recibe ás subcampionas da Liga Guerreras Iberdrola
    19 Maio, 2021

    Tamén te poden gustar

    • O grupo Terapia de Jueves expón as súas pinturas por primeira vez na Guarda
      11 Xullo, 2025
    • Cultura no Camiño trae tres espectáculos diferentes á axenda guardesa deste verán
      10 Xullo, 2025
    • A aposta por recuperar a cultura mariñeira da Guarda consolídase coa II A Rosegha
      8 Xullo, 2025

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web