Información sobre a entrada da Guarda nas medidas restrictivas pola situación sanitaria
A Xunta de Galicia inclue ao concello da Guarda no nivel máximo de restricións a partir das 00:00 h do venres 15 de xaneiro. Este novo nivel de restricións conleva como medidas máis importantes o peche perimetral do concello de forma independente, do que so se poderá entrar e sair con causa xustificada, e toque de queda adiantase ás 22:00 h. Respecto da hostelería pechan o interior dos locais e mantéñense as terrazas cun aforo de 50 % ata as 18:00 h. Os establecementos comerciais terán tamén un aforo máximo de 50% e un horario de peche limitado ás 21:30 h. O número máximo de persoas que se pode reunir é de 4 non convivintes. Segundo os datos oficiais de Sanidade, a día de hoxe 14 de xaneiro, o número de positivos é de 27, a incidencia acumulada a 7 días é 210 (casos por 100.00 habitantes) e a incidencia a 14 días é de 271 (casos por 100.000 habitantes).
Tag:A Guarda, coronavirus, covid-19, restricccions