Información sobre a entrada da Guarda nas medidas restrictivas pola situación sanitaria
O concello da Guarda informa de que as medidas restrictivas impostas pola Xunta de Galicia con motivo da situación sanitaria no concello entrarán en vigor a partir das 00:00h do venres 4 de decembro.
Cabe destacar como medidas máis importantes o peche perimetral do concello, do que só se poderá entrar e saír con causa xustificada. Respecto da hostelería os aforos serán de 50% nas terrazas e 30% no interior e o horario de peche será ás 17:00h da tarde. O número de persoas que se poden reunir tanto en establecementos como para outras actividades será de 4 persoas non convivintes.
A Xunta publicará esta tarde do 3 de decembro o DOGA con todas as medidas restrictivas que afectarán ao noso concello.
O nivel de restricción e medio-alto e o número de casos activos a día de hoxe é de 38.
Tag:A Guarda, coronavirus, covid19, restricions