Iniciativa Martes saudables no Centro Cultural
A iniciativa Martes Saudables xurde dende o Centro de Saúde da Guarda, coa colaboración do Concello, centros deportivos e outras entidades locais para axudar a coidarnos mellor.
Sexa cal for a nosa idade e a nosa condición física, sempre haberá algún exercicio, actividade, coidado que nos axude a mellorar. Se alimentámonos ben, facemos algo de exercicio e temos actividades cos demais cunha boa afectividade… podemos levar unha vida máis saudable e, por tanto, ser máis felices. Coa idea de consolidar estes habitos, a iniciativa Martes Saudables propón establecer un espazo de encontro os martes ás 12.30h. no Centro Cultural (entrada pola porta da Antiga Cafetería) nas que reunirse e suxerir a tódolos interesados truquiños de alimentación, exercicios fáciles, coñeceremos centros deportivos e outras entidades que realizan actividades ás que sumarnos para relacionarnos con outros e ter una vida mellor